2º Open Air Festival

2º edición do Open Air Festival, un festival de música, deseño e arquitectura o sábado 26 de outubro, no Castelo de Montjuïc. A primeira edición tivo lugar este verán no marco da programación contniua de eme3 de Xullo no Fabra i Coats de Barcelona.

Eme3 aposta por un evento multidisciplinar, onde a música, o deseño e a arquitectura se mesturan, un evento gratuíto aberto a todos os públicos, dende nenos ata maiores, cunha gran diversidade de actividades culturais e de diversión.

A raiz da nosa experiencia co festival eme3, partimos dunha serie de preguntas:
¿Como facer descubrir a arquitectura e o urbanismo a xente que non é do oficio?¿Como sensibilizar dunha disciplina que parece afastada e pouco entendible, pero que afecta a todo o mundo na súa vida cotiá?¿Como achegar os novos creadores e produtores de arquitecturas emerxentes aos cidadáns, que son en definitiva os seus usuarios finais?

Open Air Festival ofrece entretemento diúrno, cultural e gratuíto, co obxectivo de lograr o achegamento, a través do que máis nos mobiliza: a música, para dar a coñecer diferentes disciplinas artísticas. Deste xeito, a esperanza de activar a promoción de artistas e produtores emerxentes, convértese nunha potente ferramenta para dar oportunidade de desenvolvemento e evolución a estes e ofrecer ao público o desfrute gratuíto da cultura da cidade.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, cursos-talleres, evento, ferias

Tags: , , , , , , , , , , , ,