TECU ARCHITECTURE AWARD 2010

Dentro do marco do TECU® ARCHITECTURE AWARD 2010, prémianse obras e proxectos destacados desde o punto de vista arquitectónico, construídos a partir do ano 2007 co material TECU ou ben proxectados como traballo de estudo con referencia ao material cobre. Decisivos para a valoración son tanto o concepto global arquitectónico como o emprego específico de materiais. Poderán participar arquitectos e planificadores de todo o mundo, así como estudantes de arquitectura, matriculados nunha universidade ou unha escola técnica superior. Un xurado internacional, composto por personalidades de alto rango, decide sobre a concesión dos premios.

Os participantes poden presentar os seus traballos para as categorías Obras realizadas ou ben Premio de proxecto para estudantes. Premios especiais concédense ademais para unha realización especialmente lograda dunha casa unifamiliar e para unha sobresaínte solución arquitectónica co uso de produtos TECU® prefabricados.

A documentación do certame pódese descargar xa desde agora. A data límite para a presentación dos traballos é o 15.10.2010.

+ www.kme.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , ,