Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Ponte Olveira | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación e ampliación dunha construción que foi bar e pequena casa de comidas, agora como dúas ‘casas’ que dan forma a unha praza. Dúas partes dunha mesma casa que funcionan como un espello: se poñemos unha escaleira na nova, aparece outra na vella e, entre ambas as dúas, un albor que tensiona o tempo que as separa.

: entrar dende o exterior, rehabilitar utilizando unha construción exterior ou plantando unha semente no xardín.

Un bar, pequena casa de comidas nun lugar onde se celebraba unha importante feira e por onde pasa o Camiño de Santiago a Fisterra.

Os seus muros son de pedra, cunha planta interior de 5.05 x 7.25 m. Va a ser a vivenda dunha parella nova con dous fillos. Insuficiente, necesitan máis espazo e máis superficie.

Entón aparece a cociña no xardín, coa despensa e un cuarto de almacén e xogos. E o cuarto principal, e a de convidados. É unha semente nova que atende ao necesario e que crece coa técnica e as formas do formigón.

Pero o novo necesita do apoio do existente para integrarse no lugar, por iso estende o seu brazo, un ancho corredor que penetra no espazo máis antigo, dotándoo de novos usos.

Deste xeito as dúas ‘casas’ dan forma a unha praza, á que se envorcan, un albor que funciona como un espello: se poñemos unha escaleira na casa nova, aparece outra na casa vella, e entre as dúas creamos unha fita continua que dende o exterior parece a correa dunha máquina do tempo entrando e saíndo do pasado.

Obra: Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Ponte Olveira

Autores: Juan Creus e Covadonga Carrasco

Proxecto e obra: 1999-2001

Localización: Ponte Olveira, Dumbría, Galicia, España

Superficie parcela: 978 m2

Superficie construida rehabilitación: 130 m2

Superficie construida ampliación: 125 m2

Fotografía: CREUSeCARRASCO

+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , ,