Premio arquia/próxima 2012. INTELIGENCIA COLECTIVA 2.0 de Zoohaus

O xurado que se reuniu o pasado 12 de abril na sé da Caixa de Arquitectos de Madrid, valorouna como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS, operando tanto na forma de traballar: un colectivo de colectivos (Zoohaus está composto por Zuloark, Peixe [estudo], León 11 entre outros), como no soporte: web. Valórase especialmente unha proposta de traballo en equipo que desenvolve un proxecto de investigación e difusión en rede, unha base de datos aberta e participativa, baseada na análise e cartografiado de prototipos e detalles constructivos. Ademais, sinálase a realización como xeradora de novos procesos, un auténtico formato transformador.

O xurado, que preseleccionou 398 das 1445 novas realizacións presentadas na presente edición elixiu as 120 realizacións que formasen parte do catálogo on-line, así como as 24 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do III FORO ARQUIA/PRÓXIMA A CORUÑA 2012: NOVOS FORMATOS que terá lugar o próximo 25 DE OUTUBRO na Coruña e do que en breve irémosvos informando.

Respecto de as 120 realizacións catalogadas e 24 seleccionadas, o xurado quixo mostrar aqueles novos “roles” dos novos arquitectos cos que están desenvolvendo o seu traballo buscando novos formatos, ben sexa a través de encargos ou auto-encargos, novas formulas de colaboración en grupo ou colectivos, activismo social e participación cidadá, urbanismo de acción, novos medios de comunicación aplicados á arquitectura, así como unha nova sensibilidade respecto do construído.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , ,