Patrimonio Galego para Google Earth

Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth!

Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.

¡Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar!

Cada noite o noso servidor realiza unha operación para convertir a base de datos nun ficheiro KMZ -a estrutura de datos nativa de Google Earth. Isto quere dicir que te recomendamos baixala de novo, de cando en vez, para disfrutares dos contidos actualizados con todas as últimas incorporacións á base de datos.

¡A día de hoxe vaste atopar máis de 6800 elementos xeolocalizados!

Que podes facer con estes datos?

Lembrarte que estes datos están baixo unha licenza Creative Commons. Non podes copiar os datos e empregalos por aí sen mencionar a fonte orixinal (patrimoniogalego.net) e o seu catalogador, e non podes empregalos con ánimo de lucro sen obter o permiso dos catalogadores de cada un dos bens.

Queremos agradecer a Eladio Rial, técnico do noso equipo, a escritura deste software que multiplica as posibilidades de patrimoniogalego.net.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,