Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega curso 2015-16

mdajdv_00

No ano 2006 nace o máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega co obxectivo de dar formación especializada no ámbito do paisaxismo, e cubrindo o oco formativo existente no sistema universitario español e galego en relación á disciplina da arquitectura da paisaxe e o complexo mundo de coñecementos que se relacionan con esta.

Os contidos están adaptados ás directrices do proxecto europeo Le-Notre, que engloba a máis de 100 universidades de todo o mundo, e que pretende homoxeneizar os estudos da arquitectura da paisaxe a nivel global.

mdajdv_02

A estrutura xeral do Máster, baséase no proceso lóxico dunha actuación na paisaxe: deseño, proxecto, execución e por último, xestión e mantemento. Por iso intenta comprender e harmonizar todos os elementos e disciplinas relacionados coa paisaxe, aplicándoos en proxectos e actuacións relativas a restauración de xardíns históricos, proxectos de xardíns e parques públicos, campos deportivos, áreas de interese turístico, espazos públicos urbanos e ata grandes actuacións globais de planificación do territorio, complementándoo con estudos económicos de xestión e desenvolvemento local.

A finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe.

O Máster impartirase de Outubro a Xuño, en horario preferentemente de tarde de 16 a 20 horas, e poderase realizar ou presencialmente na sede da Fundación Juana de Vega ou a distancia a través dunha plataforma online. A asistencia presencial será obrigatoria cando se impartan.

A Fundación Juana de Vega concederá ata 12 bolsas de matrícula, de 800,00 euros cada unha delas, ás que poderán optar aqueles alumnos de nacionalidade española e que se encontren en situación de desemprego.

Se desexades ampliar a información podedes consultar a web do máster.

+ master.juanadevega.org

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , ,