Josep Renau. O estilo de vida americano. PHE 14

The Big Parade. Serie The American Way of Life, 2, 1957

O artista valenciano Josep Renau (1907-1982) destacou sobremanera na técnica da fotomontaxe. Vinculado dende 1931 ao Partido Comunista, a súa preocupación pola política e a influencia que recibiu de movementos artísticos como o expresionismo, o dadaísmo e o surrealismo lle levaron ao convencemento de que debía usar a arte como arma revolucionaria.

Ao termo da contenda española, exiliouse en México, onde, influído pola proximidade con Estados Unidos, comezou a serie Fata-Morgana. USA – The American Way of Life. Neste traballo critica a Guerra Fría, o capitalismo, o racismo ou o militarismo, moi influído polo artista alemán John Heartfield e coa pretensión de lograr a mellora das condicións de vida do ser humano. Esta exposición reúne a serie completa, composta por 69 obras, e rescata un traballo que, lonxe de envellecer, cobra especial interese na actualidade, tanto polo contexto de crise socioeconómica coma pola súa reflexión sobre a función social da arte e a cultura.

Círculo de Bellas Artes de Madrid (España)

De martes a domingos de 11:00 > 14:00 y de 17:00 > 21:00 lunes cerrado

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , ,