IX BIAU Rosario 2014 · Convocatoria

Xa están dispoñibles as bases da Convocatoria da IX edición da Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo. Mesta edición elexiuse o lema ‘Novas xeografías. Contextos iberoamericanos’ buscando encontrar e mostrar os mellores proxectos de arquitectura e de deseño urbano que incorporen os contextos, as demandas sociais, tecnolóxicas e climáticas na escala da arquitectura pero tamén aquelas iniciativas e estratexias territoriais e urbanas que axuden a construír novas xeografías que incorporen as esixencias das infraestruturas, resolvan as tensións económicas e valoren as ecoloxías únicas de Iberoamérica e sexan capaces de engadir valores urbanos, territoriais e culturais que sirvan como vehículo dunha maior cohesión social a aqueles proxectos continentais.

A Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo (BIAU) é unha iniciativa do Goberno de España, consolidada tras a realización de sete edicións anteriores, como unha das referencias fundamentais para coñecer a situación actual e prospectiva da arquitectura e do urbanismo na comunidade iberoamericana.

As actividades básicas da Bienal xiran en torno ao recoñecemento de traxectorias profesionais e de obras significativas de arquitectura; a resaltar as mellores publicacións do sector; a premiar os traballos de investigación máis sobresaíntes ou as mellores ideas de arquitectos e estudantes de arquitectura a través de concursos na rede. Todo iso tras a selección efectuada por xurados representativos de cada temática que se verá reflectida no catálogo e nas exposicións correspondentes.

Os obxectivos xerais desta son:

· Difundir as experiencias máis destacadas en Iberoamérica, Portugal e España para contribuír á formación dun pensamento crítico e a unha política cultural integrada en materia de arquitectura e urbanismo.

· Articular un espazo permanente de reflexión e debate promovendo o interese e a participación de distintos segmentos sociais na protección do territorio, na construción da cidade e na inserción da arquitectura como factor de oportunidade e referencia.

A Bienal Iberoamericana, con distintas denominacións, celebrouse con anterioridade nos seguintes lugares:

Madrid, España en 1998

Cidade de México, México, en 2000

Santiago de Chile, Chile, en 2002

Lima, Perú, en 2004

Montevideo, Uruguai, en 2006

Lisboa, Portugal, en 2008

Medellín, Colombia, en 2010

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, convocatorias, evento, exposiciones, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , ,