IEE. Informe de evaluación do edificio

O Informe de Avaliación dos Edificios (en diante IEE) é un documento no que se acredita a situación na que se encontran os edificios, polo menos en relación co seu estado de conservación, co cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade universal, e co grao da súa eficiencia enerxética. A Administración urbanística pode requirírllelo aos propietarios de inmobles situados en edificacións con tipoloxía residencial de vivenda colectiva, segundo un calendario establecido.

A normativa básica de referencia é estatal, concretamente a Lei 8/2013, de 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, publicada no BOE núm. 153 do 27 de Xuño de 2013. Esta Lei contén un Título I dedicado ao “Informe de Avaliación dos Edificios”. Os artigos e disposicións que fan referencia a este son os seguintes:

– Artigo 4 El Informe de Evaluación de los Edificios.
– Artigo 5 Coordinación administrativa.
– Artigo 6 Capacitación para o Informe de Avaliación dos Edificios.
– Disposición transitoria primeira Calendario para a realización do Informe de Avaliación dos Edificios.
– Disposición final décimo oitava Cualificaciones requiridas para subscribir os Informes de Avaliación de Edificios.

Sen prexuízo desta regulación estatal, que ten carácter básico, pode existir normativa autonómica ou municipal que a desenvolva.

Segundo o artigo 4 da Lei 8/2013, están obrigados os propietarios de inmobles situados en edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que teñan unha antigüidade superior aos 50 anos. Segundo o artigo 2, apartado 6 desta Lei, enténdese por edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva:

“o composto por máis dunha vivenda, sen prexuízo de que poida conter, de xeito simultáneo, outros usos distintos do residencial. Con carácter asimilado enténdese incluída nesta tipoloxía, o edificio destinado a ser ocupado ou habitado por un grupo de persoas que, sen constituír núcleo familiar, compartan servizos e se sometan a un réxime común, tales como hoteis ou residencias”.

En principio, e salvo que así o esixa a normativa autonómica ou municipal, están excluídas polo tanto as vivendas unifamiliares.

Tamén están obrigados a realizar o IEE os propietarios de calquera edificio, con independencia da súa antigüidade, cando pretendan solicitar axudas públicas para realizar obras de conservación, de accesibilidade universal ou eficiencia enerxética, e sempre con anterioridade á formalización da petición da correspondente axuda.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , ,