Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia

Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia, na que se recollen 211 obras construídas en Galicia na última década por máis de 100 estudos galegos, nacionais e internacionais. Trátase dun libro trilingue: castelán, galego e inglés, con máis de 400 fotografías a toda cor.

Ademáis dunha descrición, inclúe unha localización precisa que facilita a visita das obras, clasificadas por provincias e áreas urbanas, que a converte nunha guía de viaxe dirixida a profesionais e a todo aquel ao que lle guste a arquitectura contemporánea. A guía inclúe, ademais, listados por obras e arquitectos, globais, e por zonas, que facilitan a localización e permiten unha visión global da arquitectura galega realizada no que vai de século.

Jose Jorge Santos Ogando [Pontevedra, 1963] arquitecto

Jose Carlos Mera Rodríguez [Vigo, Pontevedra, 1973] arquitecto

Jose Jorge Santos Ogando e Jose Carlos Mera Rodríguez son arquitectos e socios no estudo Santos – Mera arquitectos que fundan en Pontevedra en 2009. Ata ese momento, Jose J. Santos, traballou con estudo propio dende 1997 e se asocio no ano 2001 para formar Cid, Santos e Parga arquitectos [CSP arquitectos], estudo con sedes en Pontevedra e Santiago, no que Jose C. Mera colaborou con el dende o ano 2004. Jose J. Santos e Jose C. Mera, a través de Santos – Mera arquitectos, desenvolven a súa actividade nun ámbito diverso da edificación e o urbanismo, tanto público coma privado, contando con varias distincións en concursos de arquitectura, publicacións e participación en exposicións e relatorios.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , ,