Festival Internacional de Arquitectura eme3_2011 [6edición]

O Festival Internacional de Arquitectura eme3_2011 cumpre a súa 6ª edición. Baixo a lema WORK IN PROCESS: GLOBAL PROBLEMS, LOCAL SOLUTIONS, celebrarase en Barcelona do 30 de xuño ao 3 de xullo de 2011 en distintas sedes expositivas do centro da cidade: COAC (Col·legi d’Arquitectes de Catalunya) na praza da Catedral, l’ARTS SANTA MÒNICA e a escola de deseño ELISAVA nas Ramblas, e Disseny HUB no carrer Montcada (fronte ao Museu Picasso). Máis de 40 participantes provenientes de 17 países presentarán os seus proxectos de forma transversal nas diferentes seccións que conforman o Festival: mercado (exposición), escala 1:1 (intervencións urbanas e prototipos), debates e conferencias, proxeccións audiovisuais e workshops. FARE Studio, Philippe Rahm, Berger & Berger, Stephane Malka, Ao Bordo, Encore heureux, Buró de Intervencións Públicas, Zoohaus, External Reference, Space  Matter e Agency son algúns dos invitados a expor os seus proxectos no marco do Festival.

Falarase sobre o alcance da arquitectura fronte a unha realidade cada vez máis cambiante, que pretende axuntar progreso e desenvolvemento sustentable, topándose a miúdo coa contradición do “greenwashing” e a dicotomía, necesaria ou non, entre avance tecnolóxico e utilización de recursos “low cost”. Lugar para a discusión, a interacción e o ensaio, o Festival emerxe como laboratorio de ideas e prácticas arquitectónicas, dando pé ao debate e a exploración no ámbito da transformación urbana e a reapropiación do público por parte do cidadán. Con máis de 10 anos de percorrido, EME3 postúlase como punto de encontro en Barcelona no que arquitectos, deseñadores, artistas e todo cidadán do montón interesado, pode acceder a un espazo no que, fóra das convencións e das dogmas, as ideas exponse e contrastan para que cada un poida formarse a súa propia opinión sobre cal ha de ser o papel da arquitectura hoxe en día.

+ eme3.org
Persona de contacto: Elena López Werner
prensa@eme3.org
+34 930 021 761
+34 669 987 142

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , ,