Debuxos · PabloTomé

O arquitecto e artista compostelán Pablo Tomé presenta en Espazo en Branco a súa ultima exposición individual titulada Debuxos.

Este o seu ultimo traballo é unha proposta a ver a nosa cidade, os seus arredores, os seus habitantes e as súas revoltas dende o punto de vista da súa curiosidade arquitectónica, non só polo corte dos edificios ou as rúas, pero por cada forma humana ou animal que a compón, recreandonos no seu estilo fluído e suxestivo.

Debuxos cheos de expresion e de vida, debuxos que atrapan o momento como caixas de tempo, debuxos nos que se exhalta o cotián, debuxos que nos transportan a ver e a vernos dende unha mirada persoal, intimista e chea de sentimento.

PABLO TOMÉ HERRERO é arquitecto pola Escola de Arquitectura de Madrid (1984). Profesor
de Representación e Teoría Arquitectónica na Escola de Arquitectura da Coruña entre 1986 e 2010. Coordinador de Proxectos e Obras do Consorcio de Santiago de Compostela dende 1996. Responsable de deseño de Galería Trinta en Santiago de Compostela dende 1999.

Espazo en Branco. Venres 10 de Xaneiro do 2014. A partir das 8 da tarde.
Rúa de San Pedro 83, Compostela.
Do 10 ao 24 de Xaneiro en horario de martes a sabado de 7 a 9h.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,