Curso 2010 de "Gente, espacios y lugares"

“Xentes, espazos e lugares”, é un programa anual de divulgación e formación non regrada do COAG, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles. Busca ser un punto de encontro e reflexión no que puidesen estar presentes todos aqueles que teñan cousas que dicir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país. Arquitectos, urbanistas, artistas plásticos, xeógrafos, periodistas, escritores, sociólogos,… son invitados a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción cos espazos que habitamos ao longo do tempo. O perfil dos asistentes é de persoas de 30 a 70 anos, con interese nos temas que afectan á colectividade maís aló de compromisos profesionais específicos, polo que buscamos que o ton e profundidade das intervencións teñan un carácter marcadamente divulgativo e coloquial, atendendo á condición de non especialistas que teñen os destinatarios do programa.

O pasado ano, organizamos o ciclo en Vigo en colaboración co MARCO e coa Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo. Para o vindeiro ano 2010, o ciclo organizámolo en colaboración co IMCE do concello da Coruña e compartiremos algúns dos relatores coa ETSAC. Constará de 12 charlas que se levaran a cabo todos os xoves de 20:00 a 21:30 desde o 18 de febreiro ao 13 de maio, excepto o xoves de Semana Santa. A continuidade e repetición semanal, acoutada a un periodo do ano, busca crear o hábito de asistencia entre as persoas interesadas, xa que temos comprobado que a proposta de actividades cun ritmo semanal facilita a participación. Este ano, o ciclo vai estar precedido de tres charlas que terán lugar en Vigo, xusto os tres xoves anteriores, e que buscan dar continuidade a esta iniciativa xurdida o pasado ano. Agora mesmo, temos feitos os primeiros contactos cos invitados e contamos con telos confirmados á volta de Nadal. Co ánimo de mostrar o carácter do ciclo, facemos un adianto dos relatores e os temas propostos:

Vigo:
Xosé Luis Barreiro Rivas “A ordenación e organización do territorio de Galicia como condición da modernidade”

Oalia Sendón Costa Defunta: A Casa de Lola de Andrés

Araceli Caballero García Cidadanía e uso responsable do territorio

Coruña:
Felipe Senén
Os espazos da Cultura

Xoan Vazquez Mao
A fronteira como ventaxa competitiva: Presente e futuro da Eurorrexión

Delegación do COAG na Coruña
Iniciativas cidadás: A cidade dos Barrios

Bert Wasmer
A vivenda na ecocidade de Friburgo

Manolo Rúa
Urbanismo en Galicia: Do eu ao nós

Belen Gesto
Habitabilidade básica

Hector Pose
Por un habitar pedagógico

Jose Mª Ezquiaga
Sustentabilidade e Territorio

Luis Sepulveda
A literatura como memoria da paisaxe

Martín Fernandez
Mobilidade e Territorio

Mabel Ribera / Enrique Banet
As feridas do territorio: A Serra da Groba

Joan Busquets
Habitares presentes e futuros

Esta é o programa das conferencias que temos previstas para o ano 2010, pendentes de confirmación definitiva. A nosa intención é que as colaboración presentes no ciclo podan ser compartidas noutras localidades, polo que estamos a traballar para poder transmitilas tanto por videoconferencia como por internet. Tamén é a nosa intención filmar as charlas co obxectivo de que poidan ser accesibles a través da páxina web do proxectoterra como material de formación para o profesorado, así como xuntalas nunha publicación que permita a súa permanencia e consulta. A nosa idea é que os temas da eficiencia teñen que estar presentes tamén neste tipo de actividades polo que estamos comprometidos na máxima divulgación das reflexión que os invitados estean dispostos a compartir con todos nosoutros. Coñecedores e participes do compromiso que a Fundación Barrié ten desde os seus inicios coa Arquitectura en Galicia, a nosa proposta de colaboración ten por obxectivo establecer unha ponte cultural en tempo real entre Vigo e Coruña, a través das sedes que a Fundación ten nas dúas cidades, emitindo en Videoconferencia o ciclo das quince charlas con posibilidade de interacción e participación simultanea nos debates que podan xurdir ao fio das distintas exposición. Na nosa proposta inicial de colaboración, o COAG e o IMCE encargaríanse da organización e pago dos relatores e a Fundación aportaría as salas e os servizos de videoconferencia, pero estamos abertos a outras vías de colaboración.

Sabemos que a Fundación ten como un dos seus principios básicos a gratuidade da súa oferta cultural. O certo é que esta iniciativa ten que autofinanciarse xa que actualmente é a única posibilidade que ten de permanecer no tempo, sendo esta permanencia unha das condicións necesarias do programa, na procura dun mellor coñecemento da cidadanía dos espazos que habitamos. Temos previsto que os interesados en asistir ao ciclo se inscriban e pagen unha cuota de arredor duns 50 € polo ciclo completo. Esperamos que teñades en conta a nosa proposta e a consideredes como unha vía de colaboración entre institucións que compartimos o interese e compromiso coa cultura do noso país.

+ www.coagvigo.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , ,