Corazon da Artesania

O I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a

través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, converte Agolada no Corazón da Artesanía. Os Pendellos, declarados conxunto histórico artístico no ano 1985, énchense de vida creando un espazo de interrelación da artesanía, da música e da danza tradicionais e da gastronomía, proxectando unha imaxe fiel destes sectores económicos, culturais e tradicionais.

Este evento ten a vocación de converterse nun referente do sector artesán unindo adxectivos como cultural, artístico, popular, tradicional pero tamén moderno, orixinal e multidisciplinar. A tradición procura a unión coa innovación e a modernidade e este espazo histórico vai ser empregado para verse novamente cheo de actividade, permitindo enlazar a historia coa contemporaneidade en base á súa beleza, ao seu atractivo turístico e á singularidade da súa arquitectura.

I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

6, 7 e 8 de xulio, Os Pendellos, Agolada

Horario de 11:00 a 20:30

[mappress mapid=”57″]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones, ferias

Tags: , , , , , , , , , ,