A outra realidade | trespes.arquitectos

“Un pequeno moble de 2.10 de diámetro contén un escenario, un baúl, unha Mesa e dous tallos que se expanden ou se comprimen segundo as necesidades do guión e conforman a escenografía de A OUTRA REALIDADE

Recibimos o encargo para realizar a escenografía do espectáculo “A Outra Realidade”; un percorrido máxico a través da ciencia, a historia e do humor ideado no laboratorio de Martín Camiña.

Nas primeira reunións, comentásenos que o espectáculo é un percorrido no tempo, coa ciencia como fío condutor, con moita presenza das artes plásticas e a música como fondo… – todo cosido coa agulla do ilusionismo.-

Os condicionantes de partida impostos polo ilusionista e polo director teatral, Marcos Orsi, pasaban polo versatilidade da escenografía para adaptarse a trama, ademais de dar acubillo ós distintos actos na mesma.

1. Un pequeno escenario elevado no que se situará a música, a artista Marta Quintana.

2. Un baúl que ademais de recoller os diferentes instrumentos que se empregaran na representación sirva para o transporte da obra así como darlle distintos sentidos dentro da obra teatral.

3. Mesa e tallos nos que se farían os xogos de maxia.

Estes  elementos deberían dar resposta aos diferentes necesidades:

1. Os compoñentes da escenografía tiñan que ser móbiles e flexibles, e permitir con poucas pezas encher escenarios de moi diversos tamaños.

2. Debían de ser facilmente transportables pois as actuacións poderían realizarse en distintos lugares da xeografía española.

3. Tódalas pezas debían ser o suficientemente neutras para adaptarse as distintas épocas polas que transcorre a acción.

O noso obxectivo é que a peza a proxectar teña relación co guión e a teatralidade da obra, e forme parte activa do espectáculo.

A resposta son tres pezas que permitan a fusión nun elemento só procurando a centralidade da escena, ou que as partes se dilaten e se contraen, de xeito que se adapten plenamente a escenografía, e que enchan ou liberen o espazo segundo às necesidades do momento da obra no que nos atopemos.

O resultado do traballo despois de escoitar aos distintos axentes da obra de teatro, dan como resultado o Círculo Máxico, unha peza cilíndrica “troquelada” por un Trisquel que o divide en tres partes: música, artes plásticas e ciencia. Deste xeito a música albérgase nun pequeno escenario do que xurde unha escaleira. As artes plásticas recóllense nun baúl, reflexadas nas formas da súa tampa. A ciencia mostrase na obra cuns mecanismos eléctricos que serven como interruptores do fío condutor da obra teatral. A mesa e os tallos son o nexo de unión da trama co ilusionismo.

En definitiva o Círculo Máxico cumpre con todos os requirimentos escenográficos (mobilidade e versatilidade), e funcional (fácil transporte e almacenamento), pero no resultado final da obra, felizmente observamos que logramos o obxectivo de formar parte activa da teatralidade, dándolle sentido na súa configuración a Maxia como nexo de unión.

Obra: A outra realidade

Autores: trespes.arquitectos [Carlos Mosquera, Alberte Pérez, Enrique Iglesias]

Colaboradores: Martín Camiña (Ilusionista),A.C.E. 5 Ambientación  (Construción Escenográfica), Felipe Trillo (Deseño Gráfico)

Fotografías: Jacobo Remuñán, trespes.arquitectos (Construción)

Ano: 2009-2010

+ www.trespesarquitectos.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, efimera, equipamento cultural, mobiliario, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , ,