Zocas Novas

Os tradicionais zuecos galegos (calzado de madeira que se utilizaba para traballar no campo) convértense nun orixinal lenzo para que os profesionais do deseño e a publicidade de Galicia dean renda solta á súa imaxinación. A sé do Colexio de Arquitectos de Vigo acolle desde mañá e ata o 23 deste mes Zocas Novas. Creatividade Galega de pés a cabeza, un orixinal proxecto itinerante no que exhiben algunhas das mellores campañas publicitarias realizadas polas empresas galegas. Xunto ás campañas, os organizadores solicitaron ás axencias que tuneasen unha zoca de madeira ao seu gusto. O resultado son 60 pares destes calzados reinterpretados polos publicitarios que se inclúen tamén na exposición. Entre eles hai modelos divertidos e orixinais que son un guiño do sector publicitario que demostra o seu bo humor malia ser un dos máis vilipendiados pola crise económica.

O próximo día 17 de Novembro ás 19:00 horas, inaugurarase na Sala de Exposicións da Delegación de Vigo do COAG, a exposición «Zocas Novas», na que tamén expoñerán as súas propostas 6 colegiados.

Comisariada: Creatividade Galega

17 – 23 Novembro 2011

+ artigo publicado en faro de vigo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , ,