‘Xentes, espazos e lugares’. Encontro con Albert Cuchí i Burgos

Dentro da iniciativa ‘Xentes, espazos e lugares’, o vindeiro xoves 30 de agosto terá lugar no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) un encontro co Arquitecto Albert Cuchí i Burgos, profesor da Universidade Politécnica de Cataluña. É unha iniciativa enmarcada no Proxecto Terra, na que se trata de mellorar o coñecemento da arquitectura e da identidade territorial, polo cal todas as persoas interesadas están invitadas a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción cos espazos que habitamos ao longo do tempo.

No enlace poderás atopar un documento no que o doutor arquitecto Albert Cuchí i Burgos fala dalgúns dos conceptos que se abordarán no encontro do xoves, que ten o título de “Sostenibilidade e cidade: por un urbanismo ecolóxico”.

‘Xentes, espazos e lugares’. Encontro con Albert Cuchí i Burgos

Xoves 30 de agosto, as 20:00 horas

MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo)

Calle Príncipe, 54 Vigo

[mappress mapid=”74″]

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , ,