Xardín desordenado

Espazo SIRVENT, como apoio a música e á divulgación da poesía galega, vos invita o próximo xoves 31 de Outubro, ás 20,30 horas ao concerto que efectuará XARDIN DESORDENADO.

Este grupo, é un proxecto de cinco músicos con distintas orixes e estilos, como o Jazz, o Fado ou o Rhytm & Blues, que decidiron xuntarse para percorrer librarías e bibliotecas na busca de poemas e palabras aos que poñerlle música. No ano 2012 editan o seu primeiro disco con textos de autores masculinos, e agora están a desenvolver un segundo traballo con poemas escritos por mulleres.
Vannos ofrecer cancións en Swing, Blues, Boleros, con letras de Pepe Cáccamo, Uxío Novoneira, Manuel María, etc., que están contidas no seu primeiro CD, ademais doutras inéditas, que conformarán o próximo disco de mulleres poetas, como Yolanda Castaño, Carmen Krukemberg, Marta Dacosta…, a interpretación correrá a cargo de MARLENE RODRIGUES (voz), SANTIAGO FERRAGUD (guitarra e voz) e ISAAC GARABATOS (guitarra).

Este evento realízase fóra da programación do noso Espacio,por iso non poñeremos en funcionamento noso Ambigú.
O acceso é GRATUÍTO Y ABERTO A TODO O PÚBLICO, e non se necesita convite.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones, ferias

Tags: , , , , ,