Obradoiro internacional con João Nunes

Este Workshop que organiza a Escola Galega da Paisaxe na Fundación Juana de Vega, está dirixido a titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade en proxectos de arquitectura, xardinaría ou paisaxismo, así como a estudantes de ensinanzas técnicas ou con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

João Nunes é socio Fundador e Presidente de PROAP, Estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais, cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla.

Como Director Internacional é responsable da dirección estratéxica, executiva e táctica das tres oficinas internacionais: Lisboa (Portugal), Luanda (Angola) e Treviso (Italia). Desenvolve o deseño conceptual e creativo de PROAP e define a orientación estratéxica dos procesos de investigación.

Imparte clases no Institito Superior de Agronomía de Lisboa dende 1991. Actualmente tamén imparte clases no Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidade Politécnica de Milán, Universidade Politécnica de Turín, Facultade de Arquitectura Ludovico Quaroni de la Universidad de Roma “A Sapienza”, Facultade de Arquitectura de Alghero e na Accademia dei Architettura de Mendrisio.

Obxetivos

Dende unha perspectiva integradora das múltiples funcións da paisaxe, entender o papel que xogan os ecosistemas litorais dentro do seu ámbito territorial.

Conxugar a multifuncionalidade do territorio a partir da produción agrícola; a protección do medio natural; e as compoñentes estética, ecolóxica e ambiental no marco de interacción home-territorio.

Programa

Preinscripción

Para formalizar a matrícula, as persoas que estean interesadas deben cubrir o formulario de matrícula, acompañado dun currículo vitae cunha extensión máxima dun folio. Tanto o formulario coma o currículo deben ser remitidos á Escola Galega dá Paisaxe antes do 7 de abril.

Novas datas de inscripción e de matrícula no obradoiro o 12 e o 17 de abril, respectivamente.

Selección de alumnos

Das solicitudes de matrícula formalizadas, seleccionaranse un máximo de 25 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e/ou profesional dos solicitantes á actividade a desenvolver no Workshop.

Matrícula

O importe da matrícula é de 200,00 Euros.

Inclúe: material docente, desprazamento a Fundación ao ámbito de actuación, o coffee break e o xantar.

Máis información:

+ escolagalegadapaisaxe.com

+ Facebook: Fundacion Juana de Vega

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , ,