Wire Chair · Charles and Ray Eames (1951) | José Villacé

[1]

A cadeira de alambre componse de 30,8 metros de alambre, 308 soldaduras, 286 buracos e catro patas: unha descrición técnica prometedora, que nos fala de ligereza. O que a forma de cubrila con dúas triángulos de pel chámese habitualmente bikini ou unha das súas bases sexa coñecida como Torre Eiffel acábanos de situar no mundo dos Eames.

As súas investigacións cos materiais, de gran intensidade (madeira laminada, fibra de vidro, aluminio, nalgún lado Ray conta que no estudo deseñaban ata a maquinaria para construír os seus mobles), sempre acaban en obxectos fáciles de usar, cheos de vida, que nos falan de avións e praias, xogos de nenos e táboas de surf, fíos de cores e máscaras africanas.

Como nun bo truco de maxia, todo parece estar feito sen esforzo. Alison e Peter Smithson recórdannos que estas cadeiras son as primeiras que, nunha habitación baleira, poden estar en calquera posición, coma se pousáronse alí; pertencen aos ocupantes, non ao edificio.

Os Eames viviron en California, terra dos Mac e de David Carson, e fannos pensar nun paradigma en que a excelencia técnica lévase ben co sol e co mar, coa amplitud, coas ganas de vivir.

José Villacé

vigo. maio 2012

notas:

[1] Imaxe Einige Entwicklungsmodelle für die Schale des Wire Chair, 1951 [fonte: ottowagner.com]

José Villacé

Arquitecto por la ETSAM (Madrid) y con estudio profesional en Vigo, con Martín de Cominges (VILLACÉ Y COMINGES). Diversos premios a obras construidas (Premio COAG, Premios Grande Area, finalista Premios Enor…) así como en concursos de proyectos.

Numerosas publicaciones tanto de obra construida como críticas de arquitectura (Obradoiro 33 y 34, WAM, Poética de la casa, Arquitectura y madera, Diseño Interior, etc). En relación con la industria de la moda, trabajos con Roberto Verino (diseño de concepto y construcción de más de 30 tiendas a nivel nacional e internacional, sede de RV) y tienda para Amanda Wakeley en Mayfair, Londres.

follow me

Arquivado en: artigos, José Villacé

Tags: , , , , , ,