Welcome to my lof

O próximo 27 de abril preséntanse, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, a exposición, Welcome to my loft, comisariada por Anxo Calvo Ulloa, ofrece unha reflexión sobre a cidade e a arquitectura entendendo a súa condición de utopía, nuns casos, de ruína noutros e, finalmente, de abstracción. En todos os nosos espazos, o contraste entre a arquitectura do pasado históricos, as pegadas da modernidad e a ultimísima arquitectura de alta tecnoloxía e deseño, apíñanse en ocasións no espazo dunha soa rúa. A partir de artistas que traballan a arquitectura desde as máis variadas disciplinas, Welcome to my loft reflexiona sobre a capacidade do arquitectónico para manifestarse como elemento a través do cal definir a nosa forma de enfrontarnos ao problema da habitación e cales son os nosos modos de relación cos elementos por nós construídos. Tamén quere presentar cuestións capaces de suscitar debates en torno ás configuracións urbanísticas na actualidade e de como a presenza de determinadas arquitecturas é capaz de xerar espazos marcados por modos específicos de vida.

Esta mostra conta con obras dun total de vinte e sete artistas, nacionais e internacionais, como Manuel Caeiro, Rosell Meseguer, Rita Magalhãé, Jorge Perianes, Liam Ou´Callagham, Pello Irazu, Carlos Maciá e Ângela Ferreira. As exposición poderá visitarse ata o 13 de xullo de 2012.

+ artigo publicado en Dardo News

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,