The waste land

A exposición The waste land, do fotógrafo Carlos Álvarezinaugurará o próximo día 14 de marzo ás 19:00h en GOODIES, C/Wenceslao Fernandez Florez 7, La Coruña.

Terra Baldía

“Abril é o mes máis cruel” contan os sabios e The waste land inaugúrase o 14 de marzo, 18 días antes da chegada do cruento tempo.

Unha maioría de idade que nos descobre un percorrido por desertos e camiños pagáns, dende as azoteas de Casablanca ata o silencio das paraxes de Tabernas, Sonora e Mojave. Non é esta mostra, non obstante, unha exemplificación da concepción ortodoxa de imaxes de deserto, de roadtrips de area e brétema.

Carlos Álvarez sérvese da paisaxe como pretexto para indagar na aridez da soidade mediante a contemplación.

A infinitude do horizonte aparécesenos en terra patria tamén, e Álvarez cabalga a distancia do deserto mediante composicións paisaxística desestruturadas e sorprendentes nas que a repetición e a partición se trufan con textos e materiais que ben poderían ter xurdido en todos e cada unha desas escenas de contemplación.

Pilar H.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , ,