Casa do Medio | ARKB-Arrokabe arquitectos

A rúa do Medio é unha rúa eminentemente residencial, paralela á rúa de San Pedro, entrada do Camiño Francés á cidade histórica e arteria principal do barrio do mesmo nome. Un barrio que, a día de hoxe, é referencia dentro da cidade pola súa diversidade social e funcional.

arrokabe_rvdm_35_ext05

O conxunto para rehabilitar estaba formado por unha construción principal entre medianeiras con tres plantas e bajixocuberta. Sobre a estrutura tradicional desta edificación principal atopámonos, superposto á fachada traseira, un engadido descontextualizado que aumentaba a superficie pechada da planta primeira e permitía, ademais de habilitar unha terraza no nivel da planta segunda, contar en planta baixa cun espazo exterior a cuberto. O conxunto completábase cun espazo interior na que había unha edificación tradicional, a unha auga, encostada a un dos muros laterais de peche da parcela.

A construción, desocupada desde facía varios anos, non reunía as mínimas condicións de habitabilidade. As deficiencias na cuberta da casa provocaron a entrada continua de auga que, finalmente, provocou o derrube parcial dos forxados de piso, arruinando o resto. O engadido da fachada traseira, resolto en formigón armado, presentaba problemas estruturais graves e unha inadecuada configuración arquitectónica. O alpendre, unha construción tradicional aberta con cuberta a unha auga resolta con estrutura de madeira apoiada sobre o muro de mampostería de peche da parcela e sobre alicerces de pedra granítica reaprovechados, presentaba danos irreparables.

A casa é para un matrimonio con tres fillos maiores que se traslada a vivir dentro do conxunto histórico.

Na edificación principal, as diferentes estancias do programa proposto, axustáronse ao volume existente. Conservouse o sistema estrutural vertical de muros de carga, e propúxose unha reconstrución da estrutura horizontal cun forxado mixto de formigón e escuadrías de madeira apoiadas sobre os muros. A escasa altura do limiar das dúas portas da fachada principal obriga a subir puntualmente o cargadero daquela que se acaba utilizando como acceso habitual e que coincide co oco que, compositivamente, non está disposto a eixo coas xanelas das plantas altas.

Recuperouse a volumetría do engadido da fachada traseira con armazón e cerramentos de madeira conformados á maneira tradicional por montantes e dormentes sobre a que apoian os forxados de piso e entrepaños con partes acristaladas e cegas.

A nova escaleira ocupa a posición da existente e vaise alixeirando a medida que ascende polo oco. Un oco que se fai máis amplo do preciso para facilitar a entrada de luz cenital ás diferentes plantas. A construción de cada tramo a de escaleira, desde a caixa pechada ao elemento lixeiro que colga da estrutura de cuberta, relaciónase co distinto carácter de cada un dos pisos. Esta estratificación ten a súa correspondencia no novo elemento encostado á fachada traseira a través do que se produce a relación co xardín: espazo exterior cuberto, galería-corredor e terraza.

O alpendre recupérase reaprovechando os pés dereitos de pedra granítica e reconstruíndo unha cuberta baseada no sistema da estrutura orixinal. A nova peza exponse como un espazo exterior a cuberto con cuartos de servizo e almacenamento, resoltos con cerramentos lixeiros de madeira.

No patio interior deséñase un xardín inspirado polos parterres existentes e apoiándose nas trazas dos distintos muros. Pretendiamos, desta forma, que a casa contase cunha contorna vexetal propio, denso, variado e cambiante que establecese unha relación sensorial máis intensa entre interior e exterior.

Obra: Vivenda Rúa do Medio
Autores: Arrokabe arquitectos [Óscar Andrés Quintela, Iván Andrés Quintela]
Emprazamento: Rúa do Medio 27, Santiago de Compostela, Galicia, España
Ano: 2015
Fotografías: Arrokabe Arquitectos (Estado inicial) | Luis Díaz Díaz
+ arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , ,