Vivenda en A Ribeiriña, “mirando ás bateas” | Iñaki Leite

Esta vivenda na Ría de Arousa destaca polo uso de madeira reciclada procedente de estaleiros da industria local. É tamén unha referencia pola eficiencia enerxética e o coidado estudo das súas instalacións e o seu deseño eficiente, polo que obtivo a máxima cualificación enerxética.

A vella madeira utilizada na construción provén do reciclado de “bateas” locais. Estas son plataformas de estrutura de madeira usadas para o cultivo do mexillón.

A madeira utilizada por esta técnica pesqueira local está exposta ao mar e ao clima da costa dende hai máis de 25 anos antes de ser enviado a reciclaxe, normalmente para usar nos viñedos ou a xardinaría.

As vigas foron tratadas e cortada á metade para producir dúas texturas diferentes. Ao exterior a madeira mantén a súa textura rugosa e envellecida como resposta á escala urbana.

Pola contra, na madeira do interior úsase a cara de corte para proporcionar maior confort visual e calidez.

No interior, co uso de materiais nus, luz natural por reflexión e baños en vidro translúcido, conséguese efectos de tranquilidade. Destacan tamén a relación visual entre os diferentes espazos, que contribúen á interacción e sensación de amplitude.

A vivenda busca a protección da rocha ao mesmo tempo que se orienta ao Sur abríndose cara ás vistas con dous volumes diferenciados e cuxa conciliación de xeometrías se logra dun xeito natural.

O volume privado é de madeira por fóra e formigón por dentro, e usa as contras para lograr mellor privacidade e control solar.

O uso de materiais é o oposto no volume público no que está o miradoiro, co gran ventanal e a protección solar da sombra do balcón.

A alta cualificación enerxética obtida (A) é grazas ao complexo deseño do sistema de ventilación, ao elevado grao de illamento, baixo consumo das instalacións e á utilización de grandes superficies de vidro orientadas ao Sur combinadas con elementos de protección solar.

Proxecto: “Mirando ás bateas”, vivenda en A Ribeiriña

Autor: Iñaki Leite

Ano: 2012

Emplazamento: Rúa 2, A Ribeiriña, Pobra do Caramiñal, España

Fotografía: Adrián Vázquez

Custe/m² (IVA incluido)/m²: 849,33 Euros/m²

Contratas: Construcciones Víctor Manuel Aido Agrelo, Clitecma instalacións, ebanistería Mario Fontán, carpintería Brión, aceiro inox. Talleres García España, Pavimentos Arial, Jofebar, Induplan, Tin-t, ATB Glass, Impernosa, Metálicas Capitán.

+ inakileite.com

· Recoñecementos

Mención especial no Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , ,