Vivienda en Brión | ARKB-Arrokabe arquitectos

O proxecto que nos ocupa é unha pequena vivenda unifamiliar en planta baixa resolta co sistema “seteemedio”.

Sistema “seteemedio” é un sistema construtivo en madeira, deseñado por Arrokabe arquitectos, modulado y a la vez flexible, que permite resolver de forma eficiente tanto estructura como cerramientos exteriores y la relación entre ambos. La imagen final se basa en pautas de diseño derivadas de buenas prácticas constructivas en madera impuestas por el propio material y recogidas en diversas tradiciones de construcción en madera testadas por el paso del tiempo.”

Vivienda-en-Brión-ARKB-Arrokabe-arquitectos-oo9

Os clientes solicitaban unha ampla estancia que acollese o salón-comedor-cociña e deixase espazo libre para desenvolver diferentes actividades, tanto profesionais como relacionadas co lecer. O programa complétase en planta baixa cun dormitorio, un baño, espazos de almacenamento e un amplo corredor que suxire distintas posibilidades de uso. A xenerosa altura libre que define o sistema para a súa zona central se suplementa, neste caso, coa modificación da cota dos muretes de cimentación en 20cm; esta operación xunto á incorporación de parte da cámara de cuberta ao espazo interior da vivenda permitiu xerar un pequeno altillo de carácter multifuncional que envorca no seu acceso sobre o gran espazo do salón-comedor.

Optouse pola utilización do sistema “seteemedio” xa que a súa ampla crujía, libre de elementos estruturais, facíao idóneo para resolver o programa exposto e respondía perfectamente as inquietudes dos clientes en materia eficiencia enerxética. Ademais, a orde na composición das fachadas remite á sinxeleza e eficacia coa que se resolvían tradicionalmente as construcións adxectivas no rural, a súa sinxela volumetría en planta baixa con cuberta a dúas augas responde adecuadamente á tipoloxía tradicional da zona e os materiais de revestimento insisten neste diálogo: teza cerámica, madeira e paneis de madeira-cemento.

A edificación exponse co seu eixo lonxitudinal na dirección norte-sur. Esta disposición responde a vistas, soleamiento e protección fronte á climatoloxía:

– Ao sur, no acceso principal, o retranqueo en parte da fachada orixina un espazo exterior cuberto que protexe a carpintería formada por dúas amplas follas correderas.

– Ao leste (con compoñente norte) e ao oeste (con compoñente sur), dous beirados de distinta dimensión protexen senllas fachadas resoltas con revestimento de táboa de madeira dos ciclos de auga e sol. A súa dimensión está axustada para obter a máxima ganancia solar no inverno e xerar sombra no verán evitando o sobrecalentamiento.

– O testero norte incorpora un pequeno oco que ilumina o altillo e axuda a unha eficiente ventilación cruzada.

A edificación elevouse de forma que a base da soleira ventilada queda situada na cota do terreo orixinal asegurándonos que o alto nivel freático alcanzado na parcela en tempada de choivas non poida derivar en problemas de humidade.

Utilizáronse espesores considerables de illamento de la de roca e hase resolvido un plano de estanqueidad na cara interior do illamento que ademais de reducir as perdas térmicas evitará que este perda capacidade illante ao longo do tempo. Estas decisións xunto ás características inherentes ao sistema permitiron obter unha vivenda de altas prestacións e moi baixo consumo enerxético. O sistema de calefacción proxectado redúcese a unha pequena cheminea estanca de leña que obtén o osíxeno necesario para a combustión do exterior a través dun tubo que discorre pola soleira. A cheminea incorpora dúas saídas ás que se conectaron uns tubos que mediante convección natural garanten unha adecuada distribución do aire quente.

Na resolución da estrutura utilizouse castiñeiro laminado para os elementos expostos tanto ao exterior como ao interior do espazo habitado da vivenda e piñeiro laminado para os dispostos dentro da cámara, protexidos tanto da humidade como dunha posible situación de incendio. Os pórticos complétanse con taboleiros OSB-3 utilizados, tamén, para o arriostramiento na dirección perpendicular aos pórticos tanto en cuberta como en cerramentos verticais.

O altillo hase resolvido mediante pontones de madeira laminada de eucalipto, a tabiquería mediante armazóns de pequenas escuadrías de madeira aserrada de piñeiro acompañadas, nos elementos máis solicitados, de taboleiros estruturais OSB-3. Para o revestimento en cuberta utilizouse teza cerámica plana e para os cerramentos verticais madeira de castiñeiro nas zonas protexidas polos beirados e panel de madeira-cemento nos testeros. No interior da vivenda o trasdosado de placas de cartón-xeso conforma unha cámara que serve para o paso das instalacións evitando, así, afectar con perforacións ao resto do cerramento. A carpintería exterior é de madeira de castiñeiro. Colócanse contraventanas de taboleiro contrachapado lacado, abatibles ou correderas segundo as necesidades da distribución interior.

Obra: Vivenda en Brión
Situación: Brion. A Coruña. España
Ano: 2019
Autores: ARROKABE Arquitectos SLP (Óscar Andrés Quintela y Iván Andrés Quintela)
Promotor: Privado
Fotografías: Luis Díaz Díaz Noire & Blanche
+ arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,