Visita os cemiterios de Quireza, Castro e Millerada


A asociación de Terra de Montes Verbo Xido organiza para o vindeiro sábado, 5 de novembro, unha ruta polos cemiterios de Quireza e Castro, en Cerdedo, así como por Millerada (Forcarei) con saída ás 10 horas desde a igrexa de Cerdedo e conclusión ás 14 horas, cunha comida de confraternidade a prezo alcanzable nalgún restaurante da zona. O percorrido efectuarase en coches particulares e estará guiado polo arquitecto Luís Gil Pita, integrante de Verbo Xido e do consello de dirección do Cetmo que ten xa un estudo dos cemiterios da Estrada.

“A continuación faise un achegamento á expresión arquitectónica da morte, os enterramentos e os cemiterios, en especial sobre a casuística xeral e os exemplos do concello da Estrada. Téntase unha aproximación ao contaxio e proximidade de dous mundos, vivos e mortos, nun sentido arquitectónico, cultural e antropolóxico, tan común en toda Galicia, establecendo uns puntos de referencia básicos que estimulen o estudo profundo e a discusión sobre a valorización e protección integral destes complexos ámbitos […]”. Luís Gil

+ info

Os interesados en participar deben notificalo ao correo da asociación, verboxido@yahoo.es, ou ben chamando aos teléfonos 986 75 34 12 ou 630 03 16 05 antes do próximo venres día 4.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , ,