Visións | Antonio S. Río Vázquez

Mark Klett and Byron Wolfe, «Rectilinear composition of the south rim made from six photographs, four by Alvin Langdon Coburn, ca. 1911»

«Aínda que retiremos engadidos culturais ou lingüísticos, nunca encontraremos, debaixo, un lugar puro -e aínda menos un Espazo ou Tempo puro-. O que encontraremos son cualificacións continuas e cambiantes sobre os lugares particulares: lugares cualificados polos seus propios contidos e cualificados polas distintas maneiras en que estes contidos son articulados (indicados, descritos, discutidos, narrados, etc…) nunha cultura determinada».

Edward S. Casey (1996)

Posiblemente, a orixe de todo o seu traballo encóntrese na súa formación como xeólogo. A mirada á paisaxe que fai Mark Klett (Albany, 1952) é unha mirada estratigráfica, onde cada xeración deixa tras de si un estrato, un sedimento cultural que pasa conformar, a enriquecer a cultura do lugar. Profesor de Arte na Universidade Estatal de Arizona e interesado pola relación entre a cultura, o tempo e a paisaxe, comezou a mediados dos setenta unha serie de fotografías de localizacións do oeste norteamericano que foran recollidos previamente polas cámaras dos pioneiros Timothy O’Sullivan, William Henry Jackson ou William H. Bell, no transcurso das expedicións comisionadas polo Goberno Federal para documentar as novas fronteiras occidentais dos Estados Unidos durante a segunda metade do século XIX.

«A paisaxe deixou de ser un paraiso e converteuse nun espello que mostra unha imaxe da nosa cultura. -explica Klett- Actualmente vemos as fotografías de paisaxe dun xeito similar a como se perciben as sombras no mito da caverna platónica. Como construcións que nos mostran o que sabemos sobre as paisaxes e territorios e o xeito no que obtivemos ese coñecemento. É dicir, como o resultado dunha experiencia individual contextualizada nun tempo definido de xeito preciso e, no mellor dos casos, como linguaxe que comenta, opina e fai visible a propia experiencia»

Froito de The Rephotographic Survey Project, en 1984, publicou os resultados ofrecendo unha segunda visión sobre a paisaxe americana, xunto á metodoloxía necesaria para levar a cabo as refotografías. Como precisan no blog Arqueoloxía do punto de vista

«O seu traballo, entón paradoxalmente novidoso, viña equipado de serie cun discurso sobre a construción do imaxinario colectivo. Este discurso contén unha lectura política. Parte dunhas imaxes tomadas por uns expedicionarios nuns Territorios case salvaxes. Cando os reencontra Klett e o seu equipo, esas paisaxes son xa parte duns Estados consolidados que forman un importante país. O seu traballo estanos a falar así do particular percepción dunha paisaxe como Nación».

Entre os anos 1998 e 2000, Klett retomaría o proxecto, publicando en 2004 o libro Third Views, Second Sights e, máis recentemente Reconstructing the View (2012), en compañía de Byron Wolfe. Os libros acompañáronse dunha completa páxina web na que se explica todo o proceso e onde se poden observar algunhas das imaxes realizadas no século XIX, as dos anos setenta e as de finais do século XX. As visións complementarias tomadas en cada época poñen de manifesto que as paisaxes culturais se converteron en grandes textos, como suxire Karl Schlögel e, neles, «hai atractivas liñas de continuidade que levan dunha época a outra». Para Schögel -como para Klett- o aliciente é que esa multiplicidade de textos pode lerse e escoitarse á vez, nunha sorte de polisemia e polifonía presente en cada mirada.

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto
A Coruña. febreiro 2015

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, faro

Tags: , , , , , , , , , ,