VII Xornadas ecoARK

As xornadas de construción ecolóxica ecoARK celebran a súa sétima edición os días 17 e 18 de maio de 2014 coa intención de que máis empresas e profesionais do sector utilicen o evento como plataforma de divulgación e intercambio de experiencias e coñecementos, ofrecendo a posibilidade aos asistentes de coñecer máis de preto os diferentes materiais e técnicas construtivas respectuosas co medio que existen.

Nesta septima edición iniciaremos unha vez máis coa exposición da proposta gañadora do concurso de proxectos final de carreira ecoARK. A continuación contaremos coa presenza entre outros, da Doutora en bioloxía Elisabet Silvestre, o equipo CODA de l’ETSAV, l’Escola Origens, o físico e presentador de televisión Antoni Mestres, os arquitectos Coque Claret e Daniel Calatayud, o Grupo Investigació Canyera, a arquitecta técnica Maria Molins, o consultor Passivhaus Oliver Style e o Carpinteiro Martin Krug.

Cabe destacar que tanto o equipo formado por ecoARK, unha agrupación sen ánimo de lucro; como todos os relatores e colaboradores que participan nas xornadas, fano de forma altruísta, co único interese da divulgación e concienciación social. Sostendo a firme convicción de que outra forma de construción é, non só posible, senón necesaria.

O custo de inscrición a estas Xornadas é de 30 €, 20 € para estudantes e desempregados. Poderán encontrar o formulario de inscrición en  www.ecoark.net. O aforo é limitado.

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,