VII Xornadas de Arquitectura e Deseño

O Cluster da Madeira de Galicia invítache a participar nas VII Xornadas de Arquitectura e Deseño que terán lugar o próximo 28 de febreiro, no edificio Cersia, de Santiago de Compostela. O deseño é unha ferramenta fundamental no proceso de innovación, tanto na parte da propia definición e desenvolvemento do produto, como na súa comunicación e aceptación polo mercado.

O deseño ten unha influencia decisiva no desenvolvemento de produtos, servizos e contornas mellor adaptados ás necesidades e preferencias dos usuarios, máis competentes, eficientes, diferenciados e, polo tanto, con capacidade de xerar vantaxes para a empresa e valor para os seus clientes.

Un encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de ideas. É imprescindible inscribirse, posto que as prazas son limitadas.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , ,