VI Xornadas de Construcción Ecolóxica EcoArk

As xornadas de construción ecolóxica ecoARK celebran a súa sexta edición os días 11 e 12 de maio de 2013 coa intención de que máis empresas e profesionais do sector utilicen o evento como plataforma de divulgación e intercambio de experiencias e coñecementos, ofrecendo a posibilidade aos asistentes de coñecer máis de cerca os diferentes materiais e técnicas constructivas respetuosas co medio ambiente que existen.

Nesta sexta edición iniciaremos unha vez máis coa exposición da proposta ganadora do concurso de proxectos final de carreira ecoARK.  A continuación contaremos coa presenza entre outros, de Toni Solanas, Arquitecto e presidente da asociación AUS do COAC cunha conferencia sobre a rehabilitación energética de edificios.  O estudo Pich Aguilera falaranos sobre a industrialización en proxectos de edificación e medio ambiente.  Doutra banda, tamén se efectuarán diferentes talleres prácticos, como o de construción con BTC da man de Eco-Arquitectura Xarxa Gabi Barbeta ademais dun taller de construción con Balas de palla da man de Enric Garcia, un taller de sistemas fotovoltaicos autónomos pola Escola Agrària de Manresa  e outro de revestimientos de barro dirixido por Juan Pedro Franco (Mais Franch).

Cabo destacar que tanto o equipo formado por ecoARK, unha agrupación sen ánimo de lucro; como todos os ponentes e colaboradores que participan nas xornadas, fano de forma altruísta, co único interese da divulgación e concienciación social.  Sostendo a firme convicción de que outra forma de construción é, non só posible, senón necesaria.

O custo de inscripción a estas Xornadas é de 30 euros, e opcional 12 euros menú de comida para o sábado. Poderán atopar o formulario de inscripción en www.ecoark.net. O aforo é limitado.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,