Vallirana 47 | vora

Reforma dun edificio entre medianeiras, de 5 vivendas. un edificio bastante anónimo e discreto, o valor do cal radica radica no sentido de continuidade dunha época. A reforma parte dunha estratexia de aproveitamento e transformación, actuando coa identidade do edificio de maneira á vez continuista e disruptiva, cunha actitude respectuosa e á vez lúdica.

Vallirana 47 vora o11 Exto1

Vallirana 47 é un edificio entre medianeiras, construído en 1923, bastante anónimo e discreto. O seu valor non radica en ningunha singularidade, senón no sentido de continuidade dunha época. Tiña unha distribución convencional de corredor e estancias pequenas, pouco alterada, e interiores con pavimentos de mosaico hidráulico, molduras de escaiola nalgúns teitos, portas e xanelas altas e estreitas de madeira pintada, persianas de librillo, etc… nalgunhas das vivendas aínda había elementos orixinais que hoxe en día custan de atopar.

Estimulados pola idea de intervención de pontejos (conservación e preservación), demos un paso máis aló nas estratexias de aproveitamento e transformación de preexistencias ensaiadas en obras anteriores, levando a actuación a un nivel de hibridación entre o novo e o vello ao que non chegaramos nunca antes. Actuamos coa identidade do edificio de maneira á vez continuista e disruptiva, cunha actitude respectuosa e á vez lúdica.

A nova orde espacial superponse de forma expresiva ao existente, mediante a fricción e o desprazamento. pavimentos e teitos conteñen a orde e xerarquía de espazos orixinal, mentres que os tabiques concentran ao mesmo tempo parte desta memoria e tamén o transformado.

As novas achegas materiais se hibridan co preexistente no detalle e o ornamento. Recicláronse moitos materiais e elementos do propio edificio, que lle manteñen a continuidade ambiental. E todo o que se engadiu de novo enlaza con esta continuidade desde os aspectos máis táctiles aos máis abstractos: azulexos esmaltados, aplicación de patróns gráficos extraídos de reixas do edificio, papeis de parede, etc… Nesta aproximación sensorial incorporouse tamén a estratificación de calidades que caracteriza os edificios de vivendas daquela época, concretamente no detalle dalgúns revestimentos e elementos.

En definitiva, construímos unha densidade de capas de percepción e información nos interiores, que achega complexidade e vibración. Vibración con significado para quen queira interpretalo, que á vez xera un confort visual deliberadamente afastado das superficies lisas e anónimas, para que os futuros inquilinos sentan como na casa desde o primeiro día.

Obra: Vallirana 47
Emprazamento: Carrer Vallirana 47, Barcelona
Superficie: 490 m2
Proxecto: 2017
Obra: 2017-2018
Arquitectos proxecto: vora (Pere Buil, Toni Riba)
Colaboradores: Alex Etxeberria, Quim Olea, Lorenz Kraut, Pol Bosch, Veronika Halo
Proxecto estructura: Eskubi-Turró Arquitectes
Proxecto instalacións: Quadrifoli
Medicións e presupostos: Gerard Codina
Arquitectos obra: vora (Pere Buil)
Xestión integral: Gerard Codina
Construtor: Metric Integra
Promotor: Pontejos. Conservación e preservación
Fotografía: Adrià Goula
+ vora.cat

Premios

Premios FAD 2019/ España e Portugal. Proxecto seleccionado.
Premios the plan 2019/ internacional. Proxecto seleccionado.
Premios Catalunya Construción 2019/Cataluña. Proxecto seleccionado.
Premios dezeen 2019/ Internacional. Proxecto seleccionado interior apartamento.
Premios arquitectura PLUS 2019/ España. Finalista interior residencial.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda colectiva

Tags: , , , , , , , , , , , ,