Vagalume | Isabel Domínguez Pérez

Vagalume | Guillermo Charlín

O artista multidisciplinar Guillermo Charlín ao longo da súa biografía, pasou pola pintura, arquitectura, escultura, o deseño industrial e a iluminación.

Charlín, comezou, as súas primeiras andainas, hai 25 anos, nun estudo de arquitectura en Vilagarcía de Arosa, traballo que combinaba coa pintura. Posteriormente trasladouse a Santiago para cofundar Tokonoma, empresa de iluminación e promoción de deseñadores industriais. A súa traxectoria profesional e a súa paixón pola pintura e escultura levárono a estudar os procesos onde interactuar todas estas disciplinas artísticas.

Con este proxecto e despois de investigar profundamente na iluminación, como integradora dos espazos e creadora de volumes, o artista, xuntou todas estas disciplinas polas que pasou, dando como resultado o nacemento destes obxectos, arquitecturas con luz, esculturas arquitectónicas. Cuxos baleiros ou ocos nos desvelan a súa cor particular que emana dunha fonte de luz tan sutil como unha pincelada.

Trátase dunha serie de pezas de escala intimista, realizadas en diversos materiais, na maioría delas combínanse, madeiras e metal. Todas elas con incorporación de luz a través de led, para achegar a cor (azul, vermello, branco cálido), dándolle as esculturas un tratamento pictórico a través das fontes lumínicas.

A relación e conexión entre escultura, arquitectura e pintura faise notoria na creación destes obxectos, unha loita persistente no traballo deste artista.

Formúlase a capacidade para desenvolver elementos considerados “arte útil”.

Interésalle manifestar ao artista esa relación espacial entre o espectador, a escultura, a arquitectura e o seu ámbito, xogando coas escalas.

A ilusión da luz moldea o interior ou baleiro e define o espazo escultórico-arquitectónico que se tingue de cor para participar a pintura da creación.

Concilia varios ingredientes das disciplinas artísticas (escultura, arquitectura, pintura) no mesmo colector ou volume e o seu fío condutor é a luz.

Vagalume | Guillermo Charlín

A colección chamouna Vagalume, por todo o seu simbolismo.

Os vagalumes brillan na escuridade e por iso destacan, sendo presa dos seus depredadores só polo feito de brillar.

O vagalume representa o labirinto dos pensamentos nos que unha persoa busca transformar todas as súas ideas nunha idea concreta.

Co “ámbito”, o vagalume representa a palabra “investigación” igual a busca, ata achar o obxectivo ou motivo.

Isabel Domínguez Pérez, historiadora da arte
Santiago de Compostela, abril 2015

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arte, artistas, capturas, diseño, Isabel Domínguez Pérez

Tags: , , , , , , , , , , ,