Vacacións obreiras. Infraestrutura turística nos países socialistas | Jelena Prokopljević

Hoteles en Saturn, Rumanía, 1972
Hoteles en Saturn, Rumanía, 1972

Igual que o dereito ao traballo, á xornada de 8 horas e aos dous días de descanso semanal, a clase obreira socialista contaba cunha cantidade de días libres destinados ao descanso anual. O número de días dependía do tipo de traballo que desempeñaban, da súa dificultade ou perigo para a saúde, do nivel de responsabilidade do traballador dentro da súa unidade de traballo ou da súa posición na xerarquía do partido. Con esta premisa, a partir dos anos 50, os novos gobernos socialistas empezaron a crear a rede de establecementos vacacionais para os obreiros–e de renovar e expandir aos existentes- e a fomentar o interese polo turismo entre as masas populares.

“Á luz da decisión do Politburó do Comité Central [de 1949], o obxectivo da Unión Xeral de Traballo é converter o turismo de masas nun gran fenómeno de movemento de multitudes (…) É necesario mostrar á clase obreira que o turismo é unha escola, que forma a personalidades, crea boas persoas, desenvolve o sentido da orientación, a coraxe, a iniciativa, reforza a solidariedade e o compañeirismo”.1

Nos primeiros anos, o turismo tiña principalmente o carácter educativo: era considerado unha escola de patriotismo e colectivismo baseada no coñecemento directo das localidades máis importantes de cada país. Monumentos culturais e históricos ou lugares míticos da revolución eran visitados en viaxes colectivas organizadas desde os lugares de traballo ou de estudo.

“Coñece á túa patria para querela máis”

era o lema iugoslavo que incitaba a viaxar. Despois das grandes obras públicas e o traballo voluntario, as viaxes eran a mellor escola de colectivismo controlado. Desde dos 50 empezáronse a construír os establecementos –resorts- vacacionais pertencentes a diferentes empresas ou colectivos, como as mocidades comunistas e os pioneiros, os xubilados e a unión dos veteranos de guerra. Este tipo de vacacións colectivas foron estimuladas, desde os discursos nas reunións de traballo e economicamente grazas ás subvencións dos sindicatos obreiros.

O desenvolvemento do turismo obreiro masificado foi unha das consecuencias da urbanización da sociedade, xa que os obreiros foron impulsados a viaxar a centros de descanso e non aos seus lugares de orixe, moitas veces nas zonas rurais. En base de residencias obreiras empezáronse a preferir e desenvolver unhas zonas por encima doutras, facendo máis numeroso o turismo cara á costa marítima. Entre os países socialistas cristalizáronse dous mares: o Adriático e o Negro (seguidos polo Báltico) como os preferidos para pasar as vacacións de verán. A partir dos anos 60 estas dúas costas empezan a desenvolver o seu potencial turístico e a construír, a parte dos resorts obreiros e sindicalistas, hoteis de diferentes categorías, cámpings e a reformar complexos de interese cultural. Entre os anos 50 e 80, o número de visitantes locais nos novos centros turísticos na costa adriática multiplicouse por 10 descendendo, paralelamente, o número de visitas aos resorts vacacionais colectivos a favor de viaxes máis individuais nos hoteis da costa.

Os novos complexos hostaleiros eran obxecto de estudo e experimentación que durante tres décadas xerou un debate interesante e unha multitude de construcións e solucións que dialogaban coa paisaxe ou cos centros históricos das cidades costeiras. En Iugoslavia, nos anos 60, foi planificada toda a costa adriática desde Eslovenia ata Montenegro e a fronteira con Albania con obxectivos de mellorar a accesibilidade aos lugares, a rede viaria, as subministracións de auga e electricidade, buscar unha relación óptima entre os centros turísticos e os centros históricos e ser respectuoso coa contorna natural. A costa este de o Adriático foi especialmente interesante para o desenvolvemento do turismo, non só nacional e non só dos países socialistas. A paisaxe virxe de mar e montañas, a abundancia de pequenas cidades medievais e algunhas romanas ao longo da costa fixérona atractiva tamén para o turismo occidental. A orientación política de Iugoslavia –de non pertencer a ningún dos dous bloques e avogar polo movemento dos países non aliñados- favorecía a apertura de fronteiras e a creación dunha potente industria turística, sobre todo a partir dos anos 60.

No mar Negro, os tradicionais sanatorios na península de Crimea , sobre todo en Yalta e Alushta, multiplicáronse entre os complexos construídos por diferentes empresas e organizacións sociais. Tamén se complementaron con contidos propios de centros hostaleiros. Na costa de Romanía, na rexión da cidade histórica de Constanza, fundáronse, nos anos 70, varios centros vacacionais: Olimp, Neptun, Jupiter, Venus e Saturn. En Bulgaria o novo centro por excelencia foi Albena, fundado en 1960. A arquitectura destes centros variaba segundo a década, país e lugar, pero un punto en común era o deseño total dos ambientes, tanto os exteriores como dos interiores, a creación de espazos especiais con aires de encanto visible sobre todo nos vestíbulos e restaurantes hostaleiros. Na súa maioría, os arquitectos destes complexos hostaleiros eran os máis prestixiosos de cada país e na decoración de interiores interviñan pintores e escultores de renome, de maneira que se convertían en pequenos museos de arte moderna. Os macro-hoteis dos países socialistas eran, como toda a edificación pública, o escaparate das calidades do sistema.

Poderíase falas de tipoloxías: dos hoteis que seguían o estilo internacional, con volumetría pura e impoñente sobre a natureza, por exemplo o hotel Pelegrin de Kupari (Croacia) de 1962, o enorme hotel Yalta en Yalta (Ucraína) de 1977 e hoteis de Saturn ou Venus (Romanía) de 1970-1972. Por norma xeral, os novos centros hostaleiros non se construían en núcleos históricos, para preservar a autonomía formal e significativa de ambos os conxuntos, así como tamén raras veces construíanse na primeira liña de mar, para conservar os ecosistemas locais. Algúns hoteis utilizaban a topografía para resaltar unha forma espectacular como o famoso sanatorio Druzhba en Yalta, construído nunha ladeira que descende cara á praia, en 1985 polos arquitectos Igor Vasilevsky, Yurij Stefanchuk, V. Divnov, L. Kesler. O gran tambor con 6 plantas de habitacións é suxeitado por tres núcleos de comunicacións verticais, entre as cales se forma un hall e un baleirou vertical espectacular. As zonas de uso público: restaurantes e salas, ocupan as plantas de separación entre os niveis de habitacións, resaltando tamén a idea tan presente na forma exterior, da unidade individual de aloxamento. O acceso principal é a través da pasarela e desde os niveis superiores do edificio.

As pirámides: hoteis Eliza, Nona e Boryana de Albena en Bulgaria, dos anos 60, ou os hoteis en Olimp ou Jupiter na costa romanesa dos anos 70, comparten a relación co terreo (esta vez plano) que resalta a forma do edificio que se desenvolven en diferentes ás para satisfacer o desexo de ter o máximo número de habitacións orientadas cara ao mar. Estes hoteis tamén empezan a resaltar, na forma exterior tamén, a individualidade dos espazos destinados ás vacacións. Varios dos hoteis construídos nos anos 70 na costa iugoslava, foron completamente integrados na topografía. Seguindo a inclinación do terreo, os hoteis como Libertas de Dubrovnik, Adriatic de Opatija en Croacia ou As de Perazića Do en Montenegro, desenvolvían os seus contidos facía abaixo: desde a entrada principal na estrada e na parte máis alta do conxunto, cara aos niveis inferiores que chegan ata a praia. Reflectindo a Habitat ‘67 de Montreal ou das ideas de metabolismo, a súa forma foi xerada partindo da habitación particular como o módulo para a construción da totalidade. O carácter individual das vacacións en contraste co seu colectivismo inicial tiña así a súa representación formal.

Ao contrario das tipoloxías compactas, algúns resorts foron proxectados en forma de poboados, de varios pavillóns, casas ou pequenos hoteis agrupados ao redor dunha rúa central –ás veces con tendas e cafés- que levaba ao pavillón central que agrupaba os usos colectivos como comedores, diferentes salas e os espazos técnicos. Na costa Adriática construíronse varios destes conxuntos, na península Babin Kuk preto de Dubrovnik ou en Budva en Montenegro, utilizando formas e materiais locais. Ademais, en Montenegro todo un antigo pobo pesqueiro –San Stefan- foi convertido en hotel e foi reservado unicamente aos turistas occidentais. Un caso especial foi o resort Haludovo na illa de Krk, co hotel Palace inaugurado en 1972. O resort foi promovido polo empresario americano Bob Guccione, editor da revista Penthouse e de feito levaba ese nome: Penthouse Adriatic, co obxectivo de atraer a clase bienestante dos EEUU ou de Europa occidental, baseando unha boa parte dos ingresos previstos no xogo. O hotel era coñecido polo seu deseño -do arquitecto Boris Meigaš- como tamén por todo tipo de luxos e extravagancias e decadencias. A campaña publicitaria explotaba a súa posición “detrás da Cortina de Hierro” (aínda que erroneamente), para plasmar a propia visión da revista que a dolce vita achandará as diferenzas sistémicas e políticas.

A macroestructura vacacional construída para fomentar o turismo de masas, cumpría un papel contraditorio: responder á masificación e ao mesmo tempo integrarse na paisaxe, respectar as vistas, os materiais e estruturas locais. A súa escala e posición tiñan un impacto importante no funcionamento dos núcleos costaneros próximos, creando ambientes propios, nalgúns casos máis glamurosos e atractivos que as propias cidades históricas, pola mellor oferta de bens de consumo ou a posibilidade de mestura de xente de distintas procedencias. A planificación centralizada, pero moi coidada desde os concellos e desde os institutos arquitectónicos e urbanísticos locais, tendía que a macro estrutura vacacional fose controlada e limitada desde o punto de vista histórico, social e ecolóxico. O cambio á economía do mercado reaxustou estes equilibrios, densificando as estruturas nos lugares de maior demanda e deixando ao esquecemento algúns hoteis míticos. Con todo, a gran maioría constituíron a base material para a industria turística dos novos países capitalistas emerxidos do socialismo e a súa estrutura permitiu a total adaptación destes centros ás tecnoloxías e contidos do turismo actual.

Jelena Prokopljević. Doutora Arquitecta.
Barcelona. Agosto 2014

Notas:

Adelina Oana Stefan, Imagining the “Class”: Social Tourism and the Making of the Working Class in Socialist Romania during the 1950s-1960s.

Imaxes:

yugoslavian,

blog LA76’s

architectuul

Modernism In-between The Mediatory Architectures of Socialist YugoslaviaWolfgang Thaler, Maroje Mrduljaš, Vladimir Kulić; Editorial Jovis, 2012.

Jelena Prokopljević

Arquitecta e investigadora serbia, titulada por la Universidad de Belgrado, y residente en Barcelona, miembro del Comité de Expertos del Premio Europeo del Espacio Público Urbano desde la edición del 2014. Se doctoró en 2006 en la ETSAB, ciudad en la que reside y trabaja. Ha colaborado con la plataforma Eurasian Hub en proyectos de transformación urbana y ha sido responsable del área de arquitectura y urbanismo en la Casa del Este, organización radicada en Barcelona y dedicada a promover la cooperación con la Europa Central y Oriental. Entre sus publicaciones más destacadas, consta el libro Corea del Norte: Utopía de hormigón; arquitectura y urbanismo al servicio de una ideología (escrito con Roger Mateos, 2012) y el artículo «Espacio público en la ciudad socialista: entre la abundancia y la indefinición», publicado en URBS, revista de estudios urbanos y ciencias sociales. Además, suele impartir conferencias y participar en coloquios en lugares como la ETSAB, la Universidad Autónoma de Barcelona (UAB), la fundación Amigos de la UNESCO de Barcelona o la Universidad Ion Mincu de Bucarest. Prokopljević es miembro del Comité de expertos del Premio Europeo del Espacio Público Urbano desde su edición de 2014.

follow me

Arquivado en: artigos, Jelena Prokopljević

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,