Unha arquitecta en Disney | Jorge Gorostiza

5 (100%) 1 vote[s]

Sylvia Moberly-Holland
Sylvia Moberly-Holland

Nun número da revista Glamour of Hollywood de 1941, publicouse un artigo titulado «Mozas traballando para Disney», co subtítulo

«O gran debuxante abre unha nova carreira para mozas con talento no seu estudo de Hollywood». 

Este artigo comeza explicando:

«Ata hai poucos meses o traballo de animar personaxes nos estudos de Walt Disney era soamente masculino. Hoxe hai unha clase de arte especial formada por novas mulleres con talento da organización, que están a recibir a capacitación final no traballo de crear toda a galería de personaxes de Disney, de animar efectos tan interesantes como nubes de fume, auga e outros fenómenos encantadores de Disney».

Tamén cita outros labores que realizan mulleres:

«Nos vastos e complexos talleres que conforman a organización Disney, as mulleres ocupan cargos importantes no desenvolvemento de historias e personaxes, fondos e montaxe; a montadora musical que editou Fantasía é unha muller, Louisa Field».

Parece que o texto está a favor deste traballo, pero ao final menciónase algo inevitable naqueles anos:

«Os días hábiles trabállase de 8:30 a 5:30, entre semana e os sábados líbrase. Os salarios están desde 18$ a 75$ por semana, serían máis altos se máis mozas non traballasen un par de anos. casasen e renunciasen. As oportunidades dun romance son case as mesmas que nunha universidade mixta. Moitas das mozas casáronse con empregados de Disney e quedáronse».

En fin, que o destino das mozas, -úsase “girls” no canto de “women”- que xa é un termo peiorativo, é casar e por iso, pola súa culpa, non cobran máis diñeiro, tendo ademais en conta que “teñen a sorte” de conseguir marido sen saír da Disney, iso se tiñan a sorte de ser aceptadas na produtora, porque outras non o conseguiron

O artigo de dúas páxinas está ilustrado con oito fotografas, entre elas de Mary Welser, cun pé de foto que indica:

«Xefa eficaz do equipo todo de mozas do laboratorio de cor de Disney»

Ethel Kulsar,

«que deseñou parte da suite do Crebanoces dee Fantasía»;

Mildred Rossi, animadora

«que demostrou que o seu non é estritamente un traballo de homes»;

Gyo

«unha artista xaponesa que creou o programa de man de Fantasía»;

a elefanta Mabel e Retta Scott,

«especialista en bosquexos de animais»;

e de Sylvia Holland

«debuxante e a única arquitecta muller de Canadá»,

evidentemente esta é a arquitecta que se menciona no título.

Debo recoñecer que non a coñecía, pero por sorte é moi coñecida e aínda que non foi a primeira arquitecta canadense, hai moita información na internet sobre ela, por exemplo no interesante blogue Un día una arquitecta, este artigo de Eve Lazarus ou mesmo en Wikipedia, onde non se indica que fose arquitecta e dáselle máis importancia á súa etapa con Disney, aínda que si lembra que foi expulsada da produtora despois da Segunda Guerra Mundial

Girls at work for disney, 1941 | Fuente: cartoonbrew.com
Girls at work for disney, 1941 | Fonte: cartoonbrew.com

Como pode comprobarse, as arquitectas e os arquitectos non traballaron no cinema só como escenógrafos, senón que os seus labores foron moito máis complexas e abarcando moitas especialidades diferentes.

Jorge Gorostiza, Doutor arquitecto.
Santa Cruz de Tenerife, setembro 2018
Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: arquitectos, arte, artistas, capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , ,