Unha viaxe por…1929-2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) proxecta, éste sábado día 8 de outubro (18.00 horas), dentro da súa sección da programación OFF GALICIA, en colaboración co Colexio de Arquitectos, Unha viaxe por…1929-2009 (2010) de Pablo Gallego Picard. Con motivo da celebración da Semana da Arquitectura (3-9 de outubro), celebrada en torno ao Día Mundial da Arquitectura (3 de outubro), o arquitecto Pablo Gallego ofrece un diálogo a modo de retorno aos lugares de filmación d’Un viaje por Galicia (1929) de Luis R. Alonso (a restauración deste filme documental ten especial significado, xa que representou a estrea do CGAI hai 20 anos). Mediametraxe documental muda, preséntase con acompañamento musical en directo a cargo de Xurxo Souto e Pulpiño Viascón. A sesión inclúe varias pezas complementarias. Haberá un coloquio posterior co autor e o xornalista Xosé Manuel Pereiro. A entrada é gratuíta.

UNHA VIAXE POR…1929-2009

(España, 2010)

Dirección, guión, fotografía e produción: Pablo Gallego Picard. Duración: 38 minutos.

Regreso oitenta anos despois aos lugares de filmación d’Un viaje por Galicia (1929) de Luis R. Alonso a cargo do arquitecto Pablo Gallego Picard. A sesión -motivada polas celebracións da Semana da Arquitectura organizadas polo COAG en torno ao Día Mundial da Arquitectura-, inclúe a proxección de material complementario á peza e algunhas estimulantes sorpresas.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, evento

Tags: , , , , , , , , ,