Un paseo imaxinario por Oak Park | Antonio S. Río Vázquez

Fotografía de Frank Scherschel (Life)

A mesma efeméride que hoxe celebramos coa casa Robie teriámola que compartir cos seguintes edificios: A fábrica de turbinas da A.E.G. de Behrens, a casa Milá de Gaudí, a terminación da Escola de Arte de Glasgow de Mackintosh ou a casa Steiner de Loos, por citar algún… Non é unha mala competencia. Con todo, a maioría de libros, os libros polos que moitos coñecemos á casa Robie, sitúannos á  vivenda de Chicago aparentemente por encima do resto, algo que esta exposición parece referendar.

Gustaríame exporlles catro reflexiones: dous delas previas á realización da exposición e outras dous posteriores á mesma. As dúas primeiras proceden precisamente deses libros que falan sobre a casa Robie e que quixese lembrar.

Sigfried Giedion, en Espazo, tempo e arquitectura, fálanos de como a casa foi rexeitada na súa orixe polos habitantes de Chicago. Trataron de ridiculizarla comparándoa cun barco de vapor –o gran referente da modernidade–. Así, estaban a dar a entender que a casa era un produto da súa época, igual que o barco de vapor xurdira como expresión do seu tempo. Di Giedion:

«O que é decisivo nela non unha similitude superficial e mal entendida cun barco de vapor, senón a súa relación interna cos edificios do seu tempo».

Tamén é decisivo na casa -e pasaría agora ao segundo testemuño, do profesor Norberg-Schulz- o seu entendemento en termos de contraste. Contrastes que se continuarán e desenvolverán na modernidade posterior que, mentres mira aos barcos, se reconforta «ao ver como o lume arde no interior da sólida cachotaría» (En palabras de Wright). O contraste, ou máis ben teriamos que falar da síntese de contrastes, establécese entre interior e exterior; entre oriente e occidente; entre as predominantes liñas horizontais -a pradaría- e a rotunda cheminea vertical -o fogar-. En definitiva, entre a casa como máquina e a casa como refuxio, ou nos termos que estes días debatemos en clase de primeiro curso, entre a casa como cova e a casa como menhir, dialéctica presente dende a cabana primitiva ata a vivenda actual.

Paso agora aos dous testemuños que non proceden dos libros, e que son posteriores á creación da exposición. Chegáronme a través de dúas persoas, que sendo alleas ao mundo profesional da arquitectura, quixeron achegarse a el a través desta casa.

Unha comentábame:

«Vendo a exposición paréceme que a casa sexa algo vivo».

Resulta curioso como determinadas obras transcenden o seu uso orixinal, os seus habitantes e moitas veces ao seu creador, xerando a súa propia historia. A casa adquire vida propia, nace, transfórmase e mesmo sobrevive estando a punto de desaparecer. De poucas arquitecturas poderiamos contar tantas vicisitudes.

Outro testemuño engadía:

«A explicación da vivenda ofrécese dun xeito sinxelo, claro e ameno. A casa enténdese».

Esa quizais sexa a mellor lección desta exposición e da casa Robie en Oak Park. Que aínda cen anos despois de rematarse siga sendo capaz de dicir cousas, non só aos arquitectos, senón transmitindo a todos o que significa un auténtico espazo doméstico, unha arquitectura viva e para vivir.

antonio s. río vázquez . arquitecto

Autor do blogue, El tiempo del lobo

a coruña. outobro 2010

Parte da intervención na mesa redonda que se celebrou na E.T.S. de Arquitectura da Universidade da Coruña con motivo da exposición do centenario da casa Robie.

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , ,