Ubiqarama

Ubiqarama é un ecosistema formado por unha plataforma web e unha aplicación móbil que facilitan a construción de narrativas dixitais territoriais.

Durante os últimos 2 anos Úbiqa traballou no desenvolvemento de ferramentas permitan que sistematizar e facilitar a realización de proxectos participativos de creación de narrativas dixitais cidadás utilizando diferentes recursos: imaxes, fotos, vídeos, textos… a través de distintas tipoloxías narrativas: mosaicos, rutas e mapeados con contidos dixitais geoposicionados.

Ubiqarama permite crear proxectos e publicar os contidos creados, etiquetaxes e geoposicionados coa aplicación móbil a través dunha API que permite a sincronización das dúas ferramentas. Os contidos tamén se poden publicar dende o panel de control da plataforma. Unha vez publicados os contidos, as funcionalidades da plataforma permiten o filtrado mediante diferentes criterios: localización, xénero, tramos de idade, etiquetas, etc., e organizar e consultar os contidos da plataforma a través de narrativas personalizadas en modo mosaico, mapa ou rutas.

Con Ubiqarama calquera persoa ou organización poderá crear e personalizar o seu propio proxecto de mapeado e narrativas dixitais. Ubiqarama desenvolveuse utilizando software libre e gratuíto.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , ,