Troldtekt Award 2014: Premio Internacional bienal para estudantes

A empresa danesa Troldtekt, presenta a terceira edición do seu concurso bienal para estudantes. O obxectivo do concurso é premiar novos usos e propostas da placa acústica Troldtekt. Valoraranse especialmente aquelas ideas creativas que poidan levarse a cabo na realidade xa que se trata de buscar o equilibrio entre a orixinalidade e o sentido práctico. Os participantes poden propoñer as cores, as formas e mesmo novos usos.

A data límite para inscribirse no concurso Troldtekt Award é o 1 de abril de 2014 aínda que as propostas poderán subirse á web do concurso ata o 30 de abril de 2014.

Producto

A placa Troldtekt é unha placa tradicional para teitos fabricada a base de madeira danesa e cemento pero tamén é unha placa flexible que se pode recortar e empregar en novos soportes. As principais vantaxes do produto son a súa boa acústica e a súa sostibilidade xa que está fabricado con madeira dos bosques daneses certificada con PEFC que garante unha silvicultura sostible.

Xurado internacional

O xurado do concurso que valorará as propostas recibidas está formado polo arquitecto danés Mikkel Frost de CEBRA a/s (cebra.info), o arquitecto holandés Bjarne Mastenbroek de SeARCH Architects (search.nl), o arquitecto español Jorge Vidal de Rahola Vidal Arquitectos (raholavidal.com) e duas persoas de Troldtekt A/S.

Edicións anteriores

O proxecto gañador da edición anterior foi o do estudante Matthias Kisch, da Escola de Arquitectura de Copenhaguen polo seu proxecto Acoustic Synecdoche, unha escultura acústica en forma de nube na que se podía integrar luz.

O premio especial do xurado foi para Amy Linford de la Universidad de Newcastle.

As bases do concurso pódense consultar en: troldtekt.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: concursos, evento

Tags: , , , , , , , , , , , ,