Trans – Forma

En Espazo SIRVENT, o 25 de setembro ás 20,00 inaugúrase a exposición de Obxectos-Icona Trans – Forma e intervirá coa conferencia “Arte, deseño e outras gaitas” David Barro, Director da Fundación Luis Seoane.

ZANOTTA, empresa protagonista da historia do deseño italiano, e FABRICA, Laboratorio Internacional de Investigación do Grupo BENETTON, colaboraron nesta exposición de 17 pezas históricas, reinterpretadas de forma contemporánea por novos deseñadores de FABRICA.

David Barro, introduciranos na interrelación que existe entre estas disciplinas tan próximas como son o Deseño e a Arte.

Espazo SIRVENT, comprácese de ter sido elixido como o lugar idóneo para presentar en España esta exposición, despois do seu paso por outros países como, Italia, Estados Unidos, Suíza, Alemaña ou Bélxica.

ZANOTTA, empresa protagonista da historia do deseño italiano, e FABRICA, Laboratorio Internacional de Investigación do Grupo BENETTON, despois de Operation FZ do 2008, continúan a súa colaboración con Trans-Forma: unha exposición de 17 pezas históricas, obxectos de culto da Colección Zanotta e reinterpretadas de forma contemporánea por novos deseñadores de FABRICA.

Entre os novos obxectos-icona: Sciangai (De Pas, D’Urbino e Lomazzi, 1973) o percheiro que recorda o famoso xogo chinés, enriqueceuse cunha serie de ferramentas prácticas de traballo; Sela (Achille e Pier Giacomo Castiglioni, 1957) o asento que para sentarse ten unha sela de bicicleta apoiada sobre un perfil de aceiro, aguanta o paso do tempo dotándoo dunha grosa cadea antirroubo; Blow (De Pas, D’Urbino e Lomazzi, 1967) a butaca inchable símbolo dos anos da xuventude contestataria, toma unha nova característica lúdica; Milo (1937), o espello que recorda a forma sinuosa da célebre estatua grega La Venus de Milo, invítanos a reflexionar sobre os canons actuais da beleza; a mesa Bieder (Emaf Progetti, 2005), animada con figuras bidimensionais – persoas, obxectos e animais – que din o que pode pasar debaixo das patas dunha mesa, ata as populares cadeiras pregables Small (For Use, 2003) que se converten en obra de arte grazas ao refinado bordado realizado en punto de cruz, na parte posterior do respaldo. A investigación, a experimentación e o deseño únense para comunicar a forza creativa, converténdose deste xeito nun novo símbolo, libre e que alegra a estética da vida cotiá.

A presentación acompañarase coa presenza de David Barro, actualmente director da Fundación Luis Seoane e antes editor, comisario e crítico de arte en medios como El Cultural. David Barro falaranos da interrelación que se produce entre a arte e o deseño, do concepto de reutilización e transformación do cotián e o seu potencial estético e dos principios de responsabilidade que deben de guiar o deseño no século XXI.

SCIANGAI
Percheiro, deseñado por De Pas, D ´ Urbino, Lomazzi (1973)
Premios: FIAT Selección “deseño italiano” 1978, Compasso d´Oro Premio 1979, Bio 9 Premio Ljubljana 1981.
BUNCH OF TOOLS
Transformado por Catarina Carreiras en BUNCH OF TOOLS
A aplicación de ferramentas detrabajo (pa, anciño, aixada, etc) aos extremos dos paus converte o percheiro nun accesorio excéntrico.

David Barro (Ferrol, 1.974)

David Barro é actualmente o director da Fundación Luis Seoane na Coruña e está considerado un dos principais expertos peninsulares en arte contemporánea. Foi dende 2006 e ata principios deste ano editor de DARDO, director de DARDO magazine, crítico de arte e comisario de exposicións. Dende o ano 1998 foi crítico Del cultural (O Mundo). Foi profesor da Universidade de Porto (2000-2006), asesor da Fundación Barrié (2008-2013) e director das revistas Arte e parte (1998-1999) [W]art (anos 2003-2005) e InteresArte (1998-2002). No ano 2010 foi director artístico da feira de arte de Vigo Espacio Atlántico e do proxecto Look Up! Natural Porto Art e en 2011 director artístico do festival SOS 4.8, de Murcia. David Barro é membro fundador do Instituto de Arte Contemporánea Española (IAC). Foi coordinador editorial de ARCOESPECIAL 05, da catalogación da Colección Fundación ARCO e coordinador do IV Foro Atlántico de Arte Contemporánea (1999). Publicou centenas de ensaios e artigos en revistas nacionais e internacionais.

ESPACIO SIRVENT
Gran Vía 129 – Vigo, Pontevedra, Galicia, España
www.sirventvigo.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,