Tódalas tradicións son inventadas. Patricia Esquivias

A mostra individual de Patricia Esquivias no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, reúne unha selección de obras en vídeo, xunto a pezas noutros soportes e material documental. En 111-119 Generalísimo/Castellana (2013) e The Future Was When? (2009), a narración fílmica acompáñase de documentación fotográfica e mosaicos producidos pola artista, respectivamente. A serie Folklore, iniciada en 2006, inclúe os vídeos Folklore I, Folklore II, Folklore IV, e a videoinstalación Folklore III, onde establece unha relación entre Galicia e o territorio colonial mexicano rebautizado como ‘Nova Galicia’ no século XVI.

O mural de cerámica situado á entrada, coa lenda Hai tanto desexo na espera como espera no desexo, é unha peza producida especificamente para a exposición, grazas á colaboración da ceramista Susana González Amado (Taller Terralume), co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Galicia, ESpaña). Ata o 1 de setembro de 2013

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , ,