The House I Dream Of

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universitat Internacional de Cataluña (Esarq-UIC) lanza esta semana a iniciativa The House I Dream Of. Trátase dun proxecto de participación internacional dirixido a estudantes de secundaria interesados na arquitectura.

Durante os próximos meses, os futuros arquitectos poderán compartir o proxecto da súa casa soñada, achegando a súa reflexión acerca da relación entre as persoas e o seu hábitat.

A Esarq-UIC habilitou unha páxina web na que se poderán compartir ideas en distintos formatos: video, debuxo, plano ou texto.

O prazo para enviar as propostas é do 15 maio ao 15 de xullo.

Todos os materiais recibidos formarán parte dunha exposición que se levará a cabo no Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC) ao rematar o proxecto no mes de xullo.

The House I Dream Of é un proxecto cultural que nace coa idea de poñer en relevo o papel do arquitecto na nosa vida cotiá, promovendo unha reflexión acerca do profesional que deseñou o lugar onde vivimos. A través desta iniciativa os estudantes de secundaria poderán coñecer o proceso de pensar unha vivenda, reflexionar acerca das diferentes variables que van influír neste proceso e como estas cambiarán en función do país, cultura ou ámbito para o que se deseña a vivenda. Trátase dun primeiro achegamento para aqueles estudantes que están a pensar en orientar a súa carreira cara a esta disciplina.

O feito de que participen mozos sen coñecementos previos de arquitectura permite tamén un espazo para a fantasía, para todas aquelas ideas que quizais aínda non serán viables arquitectonicamente, pero que expresan un concepto de lugar habitable desexado

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , ,