TEM TECMA 2010

TEM TECMA 2010, a Feira Internacional do Urbanismo e do Medio Ambiente, celebrará a súa décimo quinta edición entre o 8 e o 11 de xuño de 2010.
O certame que, dada a súa periodicidade bienal, convócase nos anos pares, volverá reunir na Feira de Madrid á industria do Urbanismo e do Medio Ambiente, articulada arredor dos sectores de equipamento urbano; urbanización vial; parques e xardíns; instalacións deportivas e de lecer; servizos urbanos; equipamento e aplicacións para a eliminación de barreiras arquitectónicas; rehabilitación, mantemento e ornamentación; tratamento de augas; residuos sólidos; outras contaminacións; protección e recuperación de medios naturais, e institucións, asociacións e servizos.
tem tecma

A oferta das empresas fabricantes e comercializadoras destes produtos, equipos e técnicas para o equipamento municipal e medioambiental ofrecen unha ampla e nova panorámica deste segmento económico. Unha oferta especialmente dirixida a un colectivo de profesionais integrados por representantes das distintas Administracións, enxeñerías e consultoras, laboratorios e centros de investigación, construtoras e promotoras, entre outros.

A innovadora oferta, así como o intenso programa de actividades que se desenvolve de forma paralela á exposición comercial, consolidaron ao longo da súa traxectoria a TEM TECMA 2010 como a maior feiral industrial española relacionada co urbanismo e o medio ambiente, dous sectores cada vez máis interrelacionados.

TEM TECMA 08 concluíu a súa décimo cuarta edición cun balance positivo. O certame acadou un crecemento en todos seus os parámetros. Así, a feira reuniu un total de 381 expositores directos, é dicir, un 13,5% máis que en 2006, nunha superficie neta de 22.996,5 metros cadrados, o que representa un incremento do 12%. Así mesmo, o encontro rexistrou unha afluencia de 11.904 visitantes profesionais, o que supón un incremento dun 31,86% con respecto a fai dous anos. Ademais, o crecente interese da feira a nivel internacional confírmase cun aumento do 36,2% na presenza de visitantes estranxeiros, cun total de 805 profesionais de 49 paises.

+ www.construarea.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, ferias

Tags: , , ,