Tag: reconocimiento

O dibruxo | Sergio de Miguel
07-01-2019 Sen comentarios

O dibruxo | Sergio de Miguel

“En mans do arquitecto, o á piz constitúe unha ponte entre a mente que imaxina e a imaxe que aparece na folla de papel; na éxtase do traballo, o debuxante esquece tanto a súa man como o lapis e a imaxe emerxe coma se fose unha proxección automática da mente que imaxina; ou quizá sexa a man a que verdadeiramente […]

Ordenar xoguetes | Sergio de Miguel
17-12-2018 Sen comentarios

Ordenar xoguetes | Sergio de Miguel

Hai universos, o noso é un, onde se xuntan un incontable número de presenzas diversas. Únense, enlázanse, congréganse, agrúpanse, e ás veces amontóanse. A miúdo agloméranse e reúnen, amoréanse e apilan, mesmo se hacinan en cantidades non mensurables. Entón tendemos a producir, inevitablemente, intencionadas conexións, ligazóns, ligaduras e vínculos. Ordes. Lugares correspondentes. Por ocultos que poidan parecer e aparecer sempre […]

O aire non pesa | Sergio de Miguel
19-11-2018 Sen comentarios

O aire non pesa | Sergio de Miguel

Do mesmo xeito que o océano está formado sobre todo por auga, a arquitectura está feita principalmente por aire. Aínda así o que determina o que sucede no océano, e na arquitectura, non é outra cousa que o que non é auga, ou aire. Continente e contido son dispares, afastados, e nunca coincidentes. Cando nos referimos á materia coa que […]

Oportunidade | Sergio de Miguel
01-10-2018 Sen comentarios

Oportunidade | Sergio de Miguel

A calidade máis valiosa de toda acción propositiva é dispoñer dun medido enfoque e unha coidada intención coa que conmover emocionalmente. Conseguir espertar asociacións que estimulen o pensamento. Ser capaz de entender a solución dunha maneira acertada e conveniente. Distinguir recursos vantaxosos e atopar as claves que expliquen a solución óptima a partir dun exercitado sentido da oportunidade. Saber detectar […]

A bicicleta | Sergio de Miguel
20-08-2018 Sen comentarios

A bicicleta | Sergio de Miguel

Fixámonos na bicicleta. Esa bela máquina. O seu resultado chegou a ser tan depurado e exacto que apenas tivo que cambiar en décadas. O seu lento perfeccionamento non permitiu outra cousa que a ambiciosa sofisticación dos seus compoñentes. Non se puido modificar a calidade e cantidade das súas pezas, ou sistemas de pezas. Como boa máquina que é, para ser, […]

Reconocer | Sergio de Miguel
04-06-2018 Sen comentarios

Reconocer | Sergio de Miguel

Nos moitos procesos de indagación que levamos a cabo atopar as verdadeiras posibilidades de actuación depende da nosa capacidade de identificar e distinguir. De exercer esa iteración, ese volver ao coñecemento desde a atención e a intención en busca de novos campos de interpretación. Despregando un examinar intenso, un ascender ao saber ver co máximo de expectativas. A miúdo a […]

On-tuición | Sergio de Miguel
23-03-2018 Sen comentarios

On-tuición | Sergio de Miguel

A nosa natureza proporcionounos unha destreza innata. A capacidade de utilizar un tipo de coñecemento profundo, perceptivo e inexplicable, polo que chegamos a entender e imaxinar realidades sen ter que acudir a elaborados razoamentos. Unha sorte de creatividade instantánea que, mostrándose independente do coñecemento adquirido, aflora secretamente ás veces como unha feliz corazonada e sempre como unha faísca de lucidez. […]

España: ¿universidades malas e titulados bos? | Antón Capitel
24-03-2014 5 comentarios

España: ¿universidades malas e titulados bos? | Antón Capitel

Agora, cando tantos titulados universitarios españois se van traballar fóra porque non teñen outro remedio, chégannos noticias abundantes de que son ben, mesmo moi ben, aceptados, pola súa alta formación e eficacia. Estas son, polo menos, as miñas noticias, en termos xerais. Os licenciados universitarios españois son considerados fóra como ben preparados e son aceptados ben en postos de traballo. […]

Andres fernandez-Albalat Lois academico de honra na Real Academia Galega de Belas Artes
21-06-2011 46 comentarios

Andres fernandez-Albalat Lois academico de honra na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro sábado día 25 de xuño, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, celebrarase Sesión Pública Extraordinaria, para a recepción do Académico Honorario Excmo. Sr. D. Andrés Fernández-Albalat Lois. Andrés Fernández-Albalat Lois é Doutor Arquitecto da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Profesor Emérito da Universidade da Coruña. Foi decano do […]