Tag: Peter e Alison Smithson

O que non cabe no tempo | Luís Gil
28-01-2019 Sen comentarios

O que non cabe no tempo | Luís Gil

O horizonte histórico que nos tocou habitar fai que todos os cidadáns occidentais da actualidade pertenzamos xa sen excepción á asentada sociedade do consumo e o exceso. Unha síndrome que avanzaron e denunciaron desde os seus inicios, a mediados do s. XX, diferentes pensadores e sociólogos. O capitalismo alagou desde entón as nosas vidas de comportamentos superfluos e de obxectos […]

Thoughts on the Everyday | Miquel Lacasta
19-10-2018 Sen comentarios

Thoughts on the Everyday | Miquel Lacasta

En 1997, Deborah Berke, profesora de Iale publica o texto Thoughts on the Everyday dentro do libro Architecture of the Everyday,1 editado por Steven Harris e ela mesma. O texto é un alegato contra a influencia dos media na arquitectura, a usurpación da publicidade diaria nas nosas vidas e por extensión, a urxencia de arquitectos/marca e de edificios asinados por eles. Basicamente desenvolve un posicionamiento contra […]

Preguntas sobre o espazo | Miguel Ángel Díaz Camacho
08-09-2017 Sen comentarios

Preguntas sobre o espazo | Miguel Ángel Díaz Camacho

O espazo é a distancia entre dous corpos. O dicionario sempre tan concluínte1. Velaquí a definición exacta, coutada e aparentemente obxectiva dun contumaz incontable, colector de todo o que existe: o espazo, distancia entre dous corpos. O aspecto inofensivo desta precisión xeométrica sobre o espazo, en realidade limita a condición espacial á constelación de relacións entre os seus elementos marxinais: […]

O espazo dos espellos | Miguel Ángel Díaz Camacho
29-05-2017 Sen comentarios

O espazo dos espellos | Miguel Ángel Díaz Camacho

Os espellos funcionan como as pupilas dun espazo intra-muros, unha habitación outdoor desde a que nos observan. En ocasións conservan mesmo algúns recordos das nosas vidas, como os espellos porosos e polvorientos das casas vellas, que parecen examinarnos desde os chapeus e traxes a raias dos nosos ancestros1. Tamén os espellos cóidannos, acóllennos, nos reconfortan, como parte indisoluble do universo […]

A tramoya doméstica | Miguel Ángel Díaz Camacho
01-02-2016 Sen comentarios

A tramoya doméstica | Miguel Ángel Díaz Camacho

A casa contemporánea converteuse, entre outras cousas, nun gran almacén. A cultura occidental multiplicou a necesidade de armarios e trasteiros onde ordenar de forma práctica todo o universo de accesorios domésticos correntes: desde caixas de ferramentas e escaleiras plegables a disfraces e vestidos de festa; desde bicicletas e patines a cortinas, toallas e edredones; desde caixas con juguetes a mobles […]

Pisos piloto. Células domésticas experimentais
01-09-2015 Sen comentarios

Pisos piloto. Células domésticas experimentais

‘Pisos Piloto recolle unha selección de células domésticas na vivenda colectiva que nacen dunha vontade innovadora e experimental. A miúdo utópicas ou visionarias e con afán de responder a novas formas de vida, estas células domesticas cuestionan o presente e intentan prever o futuro. Este libro presenta unha recompilación de exemplos de todo o mundo de prototipos demostrativos a escala […]

Eloxio da incorrección | Miguel Ángel Díaz Camacho
24-11-2014 Sen comentarios

Eloxio da incorrección | Miguel Ángel Díaz Camacho

A arquitectura habita pracidamente no ámbito da ortodoxia, bendicida polas regras comunmente aceptadas polo colectivo, libre de erros ou defectos. Os códigos xustifican, os canons lexitiman. Aínda Que non sempre. A historia regalounos magníficos exemplos de arquitectura xurdida dende o que Enrique Walker cualifica como “o ordinario” 1, é dicir, o cotián, o popular, o banal ata o límite da […]

A ventá dos desexos | Miguel Ángel Díaz Camacho
10-10-2014 Sen comentarios

A ventá dos desexos | Miguel Ángel Díaz Camacho

Existe na Quinta Avenida de Nova York unha ventá sobre a cal a xente se amontoa dende a rúa. Noite e día, sosegadamente, imaxinamos case en silencio. Unha ventá sedutora e hipnótica como unha posta de sol ou unha chuvia de estrelas. Ninguén podería imaxinar que en realidade, o que se admira coa emoción propia do corsario ante La Isla […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (XI) | Cristina García-Rosales
05-09-2014 Un comentario

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (XI) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales Intentei descubrir unhas cantas arquitectas e deseñadoras descoñecidas para o gran público, que talvez deseñan con outra mirada, colocando ao ser humano no centro dos seus proxectos, é dicir, o usuario. O debate está aberto. E para rematar cito textualmente a Carmen Espegel, arquitecta, cuxa tese doutoral se dedicou […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales
29-08-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IX) | Cristina García-Rosales A segunda arquitecta foi Rita Fernández Queimadelos, tamén descoñecida. Traballou en Madrid, Murcia e Barcelona, ata hai pouco vivía tamén e era unha avezada internauta aos seus 92 anos. María Juana Ontañón foi a cuarta muller en obter o título de arquitectura en España e quizais a primeira en […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IX) | Cristina García-Rosales
09-06-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IX) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VIII) | Cristina García-Rosales En España foi Matilde Ucelay a nosa primeira arquitecta e dende que remata os seus estudos en 1936, ata o momento actual, pasaron 72 anos e varias xeracións de mulleres. Se hai unha arquitecta que debería ser coñecida en España é, ela, Matilde Ucelay Maortúa, nacida en 1912 e […]

Tras as pegadas de Saarinen | Miguel Ángel Díaz Camacho
19-05-2014 Sen comentarios

Tras as pegadas de Saarinen | Miguel Ángel Díaz Camacho

Eero Saarinen dedicou unha moi pequena parte da súa carreira ao tema da vivenda, de feito, só construíu dous. En palabras dun dos estudosos máis importantes da súa obra, Antonio Román Asensio: “o deseño da casa unifamiliar simplemente non encaixaba co exercicio da profesión tal e como o entendía Saarinen”1. A pesar deste aparente desinterese polo tema, este arquitecto estadounidense […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VIII) | Cristina García-Rosales
02-05-2014 Un comentario

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VIII) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VII) | Cristina García-Rosales Agora quixera ter un breve recordo para a arquitecta italo-brasileira Lina Bo Bardi. Ben pode dicirse que, xunto con Eileen Gray, conformou o lado feminino da modernidade. Lina naceu en Roma en 1914 e morreu en Sao Paulo en 1992. Estudou a carreira de arquitectura en Italia, licenciándose en […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VII) | Cristina García-Rosales
11-04-2014 3 comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VII) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VI) | Cristina García-Rosales Agora, e por medio dunhas leves pinceladas, gustaríame citar outra grande arquitecta pioneira europea: Margarete Schütte-Lihotzky, falecida o 23 de xaneiro de 2000 nun hospital de Viena, cando estaba a punto de cumprir 103 anos. Esta arquitecta especializouse no deseño e construción de vivendas sociais e sobre todo é […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VI) | Cristina García-Rosales
11-04-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VI) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (V) | Cristina García-Rosales Pasamos agora a unha etapa algo posterior -1924-1949- e ímonos a Finlandia, o chamado país dos mil lagos. Aino Marsio Aalto, foi unha arquitecta finlandesa graduada en 1924 en Helsinki, compañeira do arquitecto Alvar Aalto. Aino e Alvar Aalto. AAA. A firma das tres aes en todos os seus […]

Cyprien Gaillard | Pedro Hernández
14-03-2014 Sen comentarios

Cyprien Gaillard | Pedro Hernández

Entre vandalisme et esthétique minimale, romantisme et Land Art. Cyprien Gaillard représente l’architecture contemporaine comme une ruine moderne sur le point d’être envahie par la nature, tel que le faisait le peintre ruiniste Hubert Robert avec le Louvre au XVIIIème siècle. Texto vía Gaillard xoga coa visión da arquitectura, aparentemente consumida pola natureza, de modo que esta se que na […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (V) | Cristina García-Rosales
07-03-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (V) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IV) | Cristina García-Rosales Vaiamos agora a coñecer a outra arquitecta e a outro tipo de arquitectura, dentro a mesma época. Á “casa ao bordo do mar” ou “E.1027”, e á irlandesa Eileen Gray que a construíu entre 1926 e 1929, sendo a súa obra máis importante. Á casa chamárona a E.1027, pretendendo […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IV) | Cristina García-Rosales
07-03-2014 2 comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IV) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (III) | Cristina García-Rosales Fagamos un salto na historia e de 1900 vaiamos a 1920-30, aos chamados felices anos 20. Aínda que se asuma que estes anos pertenceron á muller, só lles corresponderon en determinados clixés: como o de muller “garcon” fumándose un cigarro, ou tras o volante dun automóbil. En calquera caso, foi […]

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo
03-03-2014 Un comentario

O penalti de Jørn Utzon | Borja López Cotelo

A noite do 20 de xuño de 1976 caía unha chuvia fina sobre Belgrado. Antonín paseou a súa figura pendente polos corenta metros que separan o centro do campo do punto de penalti, colocou o balón e retrocedeu para coller carreira. Levantou a cabeza. Ante el, ese rostro osudo e feroz de Sepp Maier; talvez entón se acordou de Zdeněk […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (III) | Cristina García-Rosales
21-02-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (III) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (II) | Cristina García-Rosales Empezarei por Escocia. Todos coñecemos a Charles Reine Mackintosh. Pois ben, Margaret e Frances Macdonald, dúas irmás deseñadoras (aínda non tiñan o título de arquitectas) traballaron xunto con Mackintosh e o seu amigo Herbert MacNair a principios do século XX -dende 1900 a 1928-, formando o grupo chamado dos […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (II) | Cristina García-Rosales
21-02-2014 Sen comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (II) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (I) | Cristina García-Rosales Despois desta pequena introdución desexo brindar unha homenaxe ás arquitectas pioneiras, mulleres que souberon vivir a súa vida con imaxinación e entusiasmo, que foron capaces de romper moldes e costumes, permitíndonos ás arquitectas actuais percorrer o noso camiño con maior facilidade. A súa historia non foi escrita e o […]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (I) | Cristina García-Rosales
13-01-2014 3 comentarios

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (I) | Cristina García-Rosales

Tal como dicía José Ortega y Gasset: “Cando nun mosaico falta unha peza, recoñecémola polo oco que deixa, o que dela vemos é a súa ausencia; o seu modo de estar presente é faltar, polo tanto é estar ausente” Por iso subtitulei este texto como “A presenza da ausencia”. Empezarei cun pouco de historia. Dentro do ámbito mediterráneo, no mundo grecorromano, berce […]

The Smithsons sobre Vivenda
09-07-2013 Sen comentarios

The Smithsons sobre Vivenda

Peter Smithson (Stockton-on-Tees 1923-2003) e Alison Smithson (Alison Gill) (Sheffield 1928- 1993) foron dous arquitectos e urbanistas ingleses que traballaron activamente nos aspectos teóricos da arquitectura das décadas dos 50 e 60. Están considerados cofundadores do brutalismo, e formaron parte do Team 10, un grupo de arquitectos que desde a súa primeira reunión en 1954 exerceu, mediante as súas publicacións, […]

Utopías domésticas. A casa do Futuro de Alison e Peter Smithson
01-07-2013 Sen comentarios

Utopías domésticas. A casa do Futuro de Alison e Peter Smithson

Arquitectura, paisaxe, arte, deseño e cine entrelázanse neste libro que vai do particular ao universal, provocando unha actitude reflexiva sobre o concepto de casa do futuro na arquitectura contemporánea. Os primeiros capítulos van desentrañando paulatinamente o pensamento de mocidade de Alison e Peter Smithson a través das súas primeiras obras perecederas e soñadoras. A súa casa do Futuro, peza central […]

Experimentos coa vida mesma. Arquitecturas domésticas radicais entre 1937 e 1959 · Francisco González de Canales
16-04-2013 Sen comentarios

Experimentos coa vida mesma. Arquitecturas domésticas radicais entre 1937 e 1959 · Francisco González de Canales

Pese a tratarse de dúas décadas marcadas por conflitos bélicos –e as súas consecuencias– entre 1937 e 1959 producíronse algúns dos experimentos residenciales máis destacados do século XX. Precisamente a escuridade desta época pode lerse como detonante dunha reacción renovadora por parte da esfera arquitectónica. Así o fai Francisco González de Canales en Experimentos coa vida mesma (publicado tamén en […]

The Charged Void: Architecture
21-01-2013 Sen comentarios

The Charged Void: Architecture

The Charged Void é máis que unhas obras completas. É un proxecto editorial dirixido personalmente por Alison e Peter Smithson no que se documentan, a modo de álbum fotográfico, os seus máis de 50 anos de traballo no campo da arquitectura e o urbanismo. Ao parecer a idea orixinal era a publicación de tres volumes: arquitectura, escritos críticos e urbanismo. […]

A perversa privacidade | bRijUNi
30-10-2012 3 comentarios

A perversa privacidade | bRijUNi

En torno ao ano 2007 Alejandro Zaera atopábase negociando coa EMV a próxima construción do seu edificio de vivendas sociais en Carabanchel. Pode ser que fose aí cando se decatou que eses corredores comúns que, ao estilo das famosas streets in the sky dos Smithson, suscitara como lugar de encontro vecinal e goce colectivo debían, por lei, ser privatizados. Si […]

O Híbrido Alfombra, Infraestrutura e Mobilidade
19-09-2009 67 comentarios

O Híbrido Alfombra, Infraestrutura e Mobilidade

“A mobilidade é a clave do plan, tanto desde o punto de vista social, como organizativo. A mobilidade non está só relacionada con camiños e estradas, senón co desprazamento en xeral, que incumbe a unha comunidade fragmentada e móbil. Os camiños forman parte da esencial infraestrutura física da comunidade” Uppercase. Peter e Alison Smithson. 1960 Nos anos sesenta, comprendeuse que […]