Tag: medio rural

A arquitectura do lugar | Íñigo García Odiaga
11-07-2014 Un comentario

A arquitectura do lugar | Íñigo García Odiaga

A explosión da arquitectura do espectáculo está directamente ligada aos fenómenos urbanos e talvez por problemas de escala, presuposto ou función eclipsou o debate arquitectónico do rural. Nestes ámbitos a arquitectura contemporánea máis comprometida trata de establecer novos vínculos co contexto a través da actualización da tradición local. Durante posiblemente demasiado tempo os ámbitos rurais e as obras que se […]

Construir alí | Íñigo García Odiaga
13-06-2014 Sen comentarios

Construir alí | Íñigo García Odiaga

Durante os anos precrises moitos arquitectos encheron as portadas do éxito na prensa. É talvez esta actitude a que supuxo que se equipare a profesión cunha das causas da crise e que os arquitectos non ostenten agora unha grande autoridade moral. Evidentemente existe nestas liñas unha parte de verdade pero, se se quere oculta hai tamén outra realidade, a dos […]

Alberto Ferlenga - Arquitectos sen arquitecturas. Arquitectura ordinaria e cultura arquitectónica no s. XX
02-06-2014 Sen comentarios

Alberto Ferlenga – Arquitectos sen arquitecturas. Arquitectura ordinaria e cultura arquitectónica no s. XX

O estudo da arquitectura rural e popular foi un importante caldo de cultivo da arquitectura moderna; nela os arquitectos buscaron a verdade das formas e os materiais, os seus valores de sostibilidade e de comprensión dos valores locais. A partir deste contexto, a conferencia tamén rastrexa a relación contemporánea entre arquitectura culta e popular. BERNARD RUDOFSKY: DESOBEDIENCIA CRÍTICA A MODERNIDADE. […]

Reforma de vivenda unifamiliar en San Clodio | Muiños+Otero
16-04-2014 Sen comentarios

Reforma de vivenda unifamiliar en San Clodio | Muiños+Otero

Antecedentes e obxectivo No ámbito de San Clodio, nunha área de protección patrimonial, formúlase a recuperación dunha vivenda e dunha edificación dedicada a adega cunha única fachada exterior e coas outras situadas entre medianeiras. Como elemento articulador entre as diferentes edificacións actúan dous patios intermedios, un deles cunha escaleira exterior de dobre desembarco e unha terraza. Unha das premisas básicas […]

sOpA14
07-04-2014 Sen comentarios

sOpA14

¿Que é sOpA´14? Educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión ao patrimonio no medio rural. Traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade, que quere cambiar as formas de relacionarnos coa nosa cultura. Emancipar o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a cocreación de contidos e metodoloxías. Presentámosvos a II Edición do sOpA: […]

Punto de información do castro de Baroña | RVR Arquitectos
19-02-2014 Sen comentarios

Punto de información do castro de Baroña | RVR Arquitectos

O Castro de Baroña está situado no Concello de Porto do Son (A Coruña), en terreos pertencentes á parroquia de San Pedro de Baroña. Trátase dun asentamento da Idade do Ferro que responde ao tipo de “castro costeiro”, xa que se encontra situado nunha pequena península rochosa, inserida nunha paisaxe espectacular e moi ben conservada O punto de información concíbese […]

Rehabilitación de edificación para escola de deportes náuticos Sorribos | ARKB-Arrokabe arquitectos
11-12-2013 Un comentario

Rehabilitación de edificación para escola de deportes náuticos Sorribos | ARKB-Arrokabe arquitectos

A intervención céntrase na recuperación dunha edificación e o espazo adxacente no lugar de Sorribos, entre a estrada xeral C-550 e a ribeira do mar, na parroquia de Abelleira.Tanto a construción como o devandito espazo encóntranse dentro do chan rústico, formando parte do dominio público marítimo-terrestre, na desembocadura do río Rateira na ría de Muros, fronte á praia de Bornualle, […]

Premios Manuel Gómez Román 2013
22-10-2013 Sen comentarios

Premios Manuel Gómez Román 2013

O proxecto de rehabilitación do Centro de Recursos para Persoas con Minusvalidez de Silleda, a cargo do estudo Arrokabe Arquitectos, e o proxecto de reintegración do patrimonio cultural da Chaínza (Noia), do estudo Salgado e Liñares, foron elixidos polo xurado da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda ‘Setestrelo’ como gañadores da cuarta edición dos premios ‘Manuel Vázquez Román’. Estes […]

Premios Manuel Gómez Román 2013 (convocatoria)
27-08-2013 Sen comentarios

Premios Manuel Gómez Román 2013 (convocatoria)

A Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” acordou convocar os “Premios Manuel Gómez Román á recuperación do hábitat rural e construcións adxectivas”, así como a entrega da súa Medalla de Prata a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia. Estos premios pretenden estimular a recuperación da […]

Rehabilitación do coto salmoneiro de Ximonde | Fermín G. Branco
20-08-2013 Sen comentarios

Rehabilitación do coto salmoneiro de Ximonde | Fermín G. Branco

O coto de Ximonde é un espazo de gran valor ambiental situado na ribeira do Río Ulla, fronteira natural entre as provincias de Coruña e Pontevedra. O coto está íntimamente vinculado ao pazo e lugar do mesmo nome. A súa historia arrinca no século XVI da man da familia Cisneros, descendentes do rei Alfonso XI. O coto está formado por […]

Casa en A Igrexa | Salgado+Liñares
16-08-2013 Sen comentarios

Casa en A Igrexa | Salgado+Liñares

Catro volumes de proporcións semellantes acollen todo o programa da casa. Co fin de permiti-la visión da paisaxe de ribeira que bordea o rego Luceiro, van adaptándose á lixeira pendente que presenta a parcela cara o Leste. Conéctanse a través das zonas de circulación, a menor altura. O acabado de chapa ondulada de aluminio branco remata os volumes das pezas […]

Casa López-Freire | Salgado+Liñares
13-08-2013 Sen comentarios

Casa López-Freire | Salgado+Liñares

Unha premisa de partida por parte dos clientes, unha parella nova cun neno pequeno: a vivenda debe contar con dous ámbitos independentes e autónomos. Unha premisa de partida por parte dos arquitectos: correcto achegamento ao lugar físico e cultural, pero sen atallos miméticos ou formalistas. A vivenda localízase no Concello de Brión, preto  do núcleo central de Pedrouzos. Neste ámbito […]

Casa en A Perdigoteira | Salgado+Liñares
07-08-2013 Sen comentarios

Casa en A Perdigoteira | Salgado+Liñares

A parcela sitúase próxima ó núcleo rural de Goda, nunha zona denominada A Perdigoteira. Presenta grandes laxes na parte central, ademáis de numerosas árbores. Os obstáculos do terreo intégranse dentro do proxecto, determinando a disposición dos diferentes volumes nos que se organiza o programa da vivenda. Estes volumes vertébranse en torno a un amplio corredor, que adquire o carácter de […]

Arquitectura e territorio rural 2013
25-07-2013 Sen comentarios

Arquitectura e territorio rural 2013

A percepción do territorio rural de Galicia como un espazo social, construído, faise patente para calquera que o mirou con algo de atención algunha vez. Esa construción do natural, que se fai modélica na materialidad da arquitectura tradicional, na unidade entre a casa e os labores agrícolas ou na concepción dos espazos de comunidade, os campos de festa ou as […]

Obradoiro de Deseño e Planificación da Paisaxe no Rural
18-07-2013 Sen comentarios

Obradoiro de Deseño e Planificación da Paisaxe no Rural

O Instituto de Estudos do Territorio organiza este obradoiro internacional sobre deseño e planificación da paisaxe que ten como tema a posta en valor do medio rural. É de carácter fundamentalmente práctico e quere constituir un foro de intercambio de experiencias enmarcado no contexto rural europeo. Ao longo das sesións de traballo se incluirán conferencias impartidas polo equipo de orientadores […]

Fundación Rubido Romero | Abalo Alonso Arquitectos
10-04-2013 Sen comentarios

Fundación Rubido Romero | Abalo Alonso Arquitectos

Propónsenos rehabilitar unha pequena construción tradicional do rural galego como sede da fundación. Actuamos con discreción; consolidamos muros, repoñemos a cuberta de teza e situamos un aseo adaptado. Saneamos e pintamos de branco o interior, entablamos algúns paramentos e repoñemos a carpintería de madeira. Reutilizamos as vigas intermedias de madeira como soporte da nova iluminación. O pavimento de granito e […]

Farmacia-Vivienda] en Salvaterra do Miño | Patiño+Prieto
09-02-2012 31 comentarios

Farmacia-Vivienda] en Salvaterra do Miño | Patiño+Prieto

lugar ubicada no núcleo rural de o cerdeiral, á configuración alargada da parcela hai que añadirlle restricións urbanísticas que obrigan a un retranqueo respecto das vías que a rodean, resultando unha banda edificable de 4-5 metros ó largo da mesma. programa a propiedade pretende o traslado da farmacia en funcionamento a escasos metros desta parcela, mantendo o mobiliario e dotacións […]

Premio Manuel Gómez Román 2011. Fallo
17-10-2011 42 comentarios

Premio Manuel Gómez Román 2011. Fallo

O xurado da II edición dos Premios Manuel Gómez Román decidíu outorgar o premio da modalidade de EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS REHABILITADAS OU RESTAURADAS aos arquitectos Dª. Estefanía Vázquez Müller e D. Roi Feijoo Rey, polo seu proxecto de rehabilitación dunha vivenda na rúa Liberdade, 24 en Ourense, por coincidir nel unha adecuada interpretación da tradición compositiva e construtiva da arquitectura tradicional […]

Vivienda y local comercial en Santiago de Compostela | RVR Arquitectos
08-09-2011 50 comentarios

Vivienda y local comercial en Santiago de Compostela | RVR Arquitectos

Sobre o barrio de San Lázaro estrutúrase a expansión cara ao norte da cidade de Santiago de Compostela. A súa inmediata conexión coa autoestrada A9 que une pártea norte e sur de Galicia, favoreceu a implantación de varios dos grandes equipamentos colectivos da cidade. Á beira desa escala maior acomódase con certa dificultade o tecido tradicional do barrio, moi ligado […]

Espacio sociocultural autoconstruido | Luz Paz Agras
25-08-2011 49 comentarios

Espacio sociocultural autoconstruido | Luz Paz Agras

Este proxecto foi construído como anexo ao edificio da Escola Habaneira de Roupar que, na actualidade, é usada como local sociocultural da asociación de veciños. O edificio conta cunha forte protección patrimonial e a nova actuación busca non competir coa súa presenza rexeitando a mímesis como criterio de intervención. O proceso de autoconstrucción converteu a execución en pártea determinante do […]

Premio Manuel Gómez Román 2011 [convocatoria]
10-08-2011 426 comentarios

Premio Manuel Gómez Román 2011 [convocatoria]

Convocados os Premios Gómez Román para proxectos de rehabilitación da arquitectura tradicional galega. As dúas modalidades destes premios  “edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas” e “construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas” pretenden estimular a rehabilitación do habitat tradicional galego e contribuír deste xeito á recuperación da paisaxe e núcleos rurais de Galicia. 1.– Poderá concorrer ao “Premio Manuel Gómez Román” calquera persoa […]

Vivienda unifamiliar en Boiro | RVR Arquitectos
27-01-2011 486 comentarios

Vivienda unifamiliar en Boiro | RVR Arquitectos

A parcela na que se constrúe a vivenda atópase nunha zona rural do concello de Boiro, orientada cara á ría de Arousa. É unha área ocupada por pequenas parcelas dedicadas á agricultura familiar e por edificacións, na súa maioría vivendas, que se han ir dispondo ao longo do tempo sobre as vías de comunicación. Son dous os elementos sobre os […]

Anxos Castro e estudo de Salgado Liñares Premio Gómez Román de arquitectura
06-10-2010 368 comentarios

Anxos Castro e estudo de Salgado Liñares Premio Gómez Román de arquitectura

A arquitecta Anxos Castro Dapena e o Estudo de Salgado e Liñares son os premiados dos Premios Manuel Gómez Román que se fallaron este fin de semana. Ademais, a Asociación Amigos do Castelo de Maceda concede a Medalla de Prata a Manuel Caamaño. En ambos os casos, os fallos do xurado foron unánimes.Expresa o xurado, así mesmo, a calidade técnica […]