Tag: María González García

VI Festival Arquia/Próxima: Prácticas Relevantes 2018
07-08-2018 Sen comentarios

VI Festival Arquia/Próxima: Prácticas Relevantes 2018

O lema desta bienal PRÁCTICAS RELEVANTES definida polo comisario, convida a reflexionar acerca do paradoxo producido polo éxito internacional da arquitectura española (Premio Pritzker 2017, León de Ouro na Bienal de Venezia, liderado de arquitectos españois en estudos internacionais así como docentes en Escolas de Arquitectura punteiras) que non corresponde co volume de produción arquitectónica destes últimos anos, pero con […]

Fronteiras. Escritos e Proxectos de Arquitectura, Paisaxe e Territorio
31-07-2018 Sen comentarios

Fronteiras. Escritos e Proxectos de Arquitectura, Paisaxe e Territorio

FRONTEiRAS é un dos proxectos desenvolvidos desde AiPAC (Associaçao Ibérica para a Inovação, Património, Arquitectura e Cultura). Na actualidade enmárcase como un sólido catalizador de actividades transfonterizas entre España e Portugal e dá lugar a unha ferramenta capaz de desvelar e investigar os nexos de unión en ambos os lados da fronteira. Unha acción estratéxica que tenta facer invisible a fronteira […]

Casa no mercado da rúa Feria | sol89
05-10-2016 Sen comentarios

Casa no mercado da rúa Feria | sol89

“Nacer na rúa Ancha da Feira e encararse coa humanidade que ferve nela apenas se cansou un de andar a gatiñas e levantouse de mans para afrontar a vida a peito aberto, é unha empresa heroica, que imprime carácter e ten unha importancia extraordinaria para o resto da vida, porque súbitamente a rúa deu ao neófito unha síntese perfecta do […]

Da arquitectura o museo. Pegadas | María González-Juanjo López de la Cruz
11-12-2015 Sen comentarios

Da arquitectura o museo. Pegadas | María González-Juanjo López de la Cruz

Nas fotografías que Candida Höfer levou a cabo do Museo Nacional de Arte, Arquitectura e Deseño de Noruega, en Oslo, non aparecen persoas. É sabido que no traballo da artista alemá esta non é unha situación insólita, a súa pertenencia á Escola de Düsseldorf a alinea coa fotografía taxonómica dos seus mestres Bernd e Hilla Becher, máis preocupada pola serie […]

Da arquitectura o museo. Cofres | María González-Juanjo López de la Cruz
13-11-2015 Sen comentarios

Da arquitectura o museo. Cofres | María González-Juanjo López de la Cruz

Toda unha vida de fotografías pechadas nun cobertizo de madeira, un cofre dicía el. Coma se fosen obras roubadas, naquel lugar escondíanse boa parte das mellores imaxes da arquitectura do século XX. Julius Shulman retratou durante a segunda metade do século pasado o mellor da arquitectura moderna da costa oeste americana, dende que o arquitecto austríaco emigrado a California, Richard […]

Da arquitectura o museo. Ausencias | María González-Juanjo López de la Cruz
23-10-2015 3 comentarios

Da arquitectura o museo. Ausencias | María González-Juanjo López de la Cruz

“Recordo que había un cadro alí, pero non podería describir o que representaba. Recordo que tiña un marco de ouro, moi ancho, traballado, decorativo”. O celador do Museo Isabella Stewart Gardner de Boston rememora así O concerto, un óleo sobre lenzo de 72.5 cm de altura por 64.7 de anchura pintado en 1664 por Johannes Vermeer. O cadro fora roubado […]

Accións comúns. Miradas e intervencións urbanas dende a arte e a arquitectura.
16-12-2014 Sen comentarios

Accións comúns. Miradas e intervencións urbanas dende a arte e a arquitectura.

En 1968 o artista norteamericano John Baldessari establecía os seus termos máis utilizados para definir traballos creativos na arte, plasmando sobre un lenzo as que, segundo el, eran as palabras capaces de explicar esta práctica no século XX (buscou en libros de arte cales eran as accións máis repetidas e llas ditou a un cartelista que fixou na tea aqueles […]

Vive la résistance! | María González-Juanjo López de la Cruz
14-11-2014 3 comentarios

Vive la résistance! | María González-Juanjo López de la Cruz

“Diriximos o noso saúdo fraternal a todos os artistas expresionistas, cubistas e futuristas que se sintan chamados e responsables, desexándonos que se adhiran como socios. Nós sentímonos novos, libres e puros.” Manifesto do Novembergruppe, 3 de decembro de 1918 Baixo o estado de shock no que se encontra actualmente a profesión de arquitecto proliferan múltiples predicións que vaticinan como será […]

VI Premio de Arquitectura Ascensores ENOR 2014. José María Sánchez García e Estudio SOL 89
13-11-2014 Un comentario

VI Premio de Arquitectura Ascensores ENOR 2014. José María Sánchez García e Estudio SOL 89

Os proxectos gañadores fixéronse públicos o mércores, 12 de novembro, a través da páxina web oficial do premio. O xurado, formado por Eduardo Souto de Moura como presidente, Carlos Quintáns Eiras, secretario, Juan Domingo Santos gañador do Gran Premio Enor no ano 2011, Juan Creus Andrade, Luis Martínez Santa-María e Fredy Massad, leu o seu fallo onde anunciaron as dúas […]

Accións Comúns
19-08-2013 Un comentario

Accións Comúns

O curso suscítase en oito sesións de traballo de tres horas, coordinadas polos tres profesores responsables (dirección e secretaría académica), nas cales se incidirá no carácter teórico-práctico proposto. As sesións, divididas en dúas módulos de hora e media, alternarán clases teóricas impartidas polos profesores responsables do curso, conferencias a cargo de invitados do ámbito universitario, intelectual, creativo e profesional: o […]