Tag: Juan Creus Andrade

XI BIAU - Aberta a convocatoria a para XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo
27-12-2018 Sen comentarios

XI BIAU – Aberta a convocatoria a para XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo

Xa está ABERTA A CONVOCATORIA DE OBRAS PARA A XI BIENAL IBEROAMERICANA DE ARQUITECTURA E URBANISMO (XI BIAU). A bienal celebrarase en Asunción (Paraguai) en outubro de 2019 e mostrará a forma de habitar de Latinoamérica desde o cotián. O pasado luns 17 de decembro presentouse en casa América, coincidindo coa celebración do II Congreso Iberoamericano redfundamentos, a convocatoria da XI […]

Casa C en Costa da Morte | CREUSeCARRASCO
04-07-2018 Sen comentarios

Casa C en Costa da Morte | CREUSeCARRASCO

A vivenda sitúase nun terreo elevado 3,5 metros sobre a estrada. Trátase dunha zona de crecemento do núcleo urbano principal onde, ao longo dos anos, foron aparecendo bloques de vivenda de 4 e 5 plantas. O plan establece unha aliñación que supón a derriba do muro de contención da leira e a construción de todo a fronte da parcela mirando […]

Restaurante 1764 | CREUSeCARRASCO
21-02-2018 Sen comentarios

Restaurante 1764 | CREUSeCARRASCO

A partir duns estupendos esbozos e ideogramas en planta feitos polo propietario, a maior dificultade para el é situar a escaleira que, como en moitos casos, é a clave dos proxectos de pequena dimensión. 1764 é a inscrición que hai no dintel da porta, o seu ano de construción. Trátase dunha das casas máis antigas da vila, edificada entre medianeiras, […]

Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural | CREUSeCARRASCO
13-09-2017 Sen comentarios

Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural | CREUSeCARRASCO

Aproveitar a idea de apertura ao público dun cárcere, espazo celular e disciplinar, subvertendo os principios de vixilancia e custodia en principios de procura, mostra e aprecio de valores culturais e sociais. Propoñer unha compartimentación aberta, traballando cada un dos espazos dunha maneira flexible con graos de apertura e de intervención relacionados cos usos. Observación, diálogo e interacción como novas […]

Da árbore á cadeira
18-04-2017 Sen comentarios

Da árbore á cadeira

O Museo Centro Gaiás inaugurou o 7 de abril a nova exposición da Cidade da Cultura que levará por título Da árbore á cadeira. A madeira e a súas artes. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques,  a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e […]

Bartlebooth. A producción: Catro estratexias menores
09-03-2017 Sen comentarios

Bartlebooth. A producción: Catro estratexias menores

As cousas cociñadas a lume lento sempre saen mellor. Por iso, despois de tanto tempo investido fainos moitísima ilusión presentar o quinto experimento de Bartlebooth, recentemente chegado da imprenta. Un experimento que comezou a xestarse a principios de 2016 e que nos tivo enfrascados na súa produción e edición case dez meses. A produción: catro estratexias menores, é un traballo […]

VII Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2017
08-12-2016 Sen comentarios

VII Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2017

Tres anos despois da última edición, e doce anos xa desde a primeira convocatoria no ano 2004, o Grupo Ascensores Enor convoca a VII edición dos seus Premios de Arquitectura. Aínda que en determinados contextos doce anos poidan supoñer non demasiado tempo, resulta imposible negar que a arquitectura, a realidade profesional das arquitectas e os arquitectos, ou a propia sociedade […]

Restaurante O Fragón | CREUSeCARRASCO
22-06-2016 Sen comentarios

Restaurante O Fragón | CREUSeCARRASCO

A parcela, situada no núcleo de San Martiño de Arriba, en Fisterra, A Coruña, ten un vivenda existente e está orientada ao sur, en dous bancales, cun muro visto de formigón que contén a estrada no seu lado norte. Faise unha formulación xeral para un edificio de dúas plantas, con acceso desde a estrada, aparcadoiro en cuberta, hotel de 5 […]

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2015 · CREUSeCARRASCO
16-11-2015 Sen comentarios

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2015 · CREUSeCARRASCO

A sede da Fundación Juana de Veiga acolleu o pasado 13 de novembro o acto de lectura do fallo e entrega do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2015. Consolidado como un dos máis destacados do sector e creado pola Fundación Juana de Vega para recoñecer o labor dos arquitectos que, cos seus proxectos, contribúen a mellóraa de calidade paisajística […]

Rehabilitación de inmoble en R/Galera 43 | CREUSeCARRASCO
23-09-2015 Sen comentarios

Rehabilitación de inmoble en R/Galera 43 | CREUSeCARRASCO

1 Transformar un inmueble entre medianeras, b 3 bc, utilizado como edificio de oficinas, nun edificio de vivendas e oficinas en réxime de aluguer. Optimizar o seu número en relación co investimento, demanda de vivenda pequena e posibilidades da normativa vigente. 2 A estrechez da rúa de acceso e a proximidade das fachadas veciñas inflúe en aspectos formais e de […]

Esquinazos | Juan Creus
24-08-2015 Sen comentarios

Esquinazos | Juan Creus

E O esquinazo é unha forma de quebrar a realidade para reivindicar lecturas non lineais do espazo. S Revoltas onde o hábito, como corrente de uso, se separa e concentra nun lugar concreto: esquina. Q Non son xestos, senón a expresión de novos trazos do cotián introducidos como cortes e indicios. U Como unha celebración coa que ninguén conta e […]

Ampliación albergue Bela en Muxía | CREUSeCARRASCO
15-04-2015 Sen comentarios

Ampliación albergue Bela en Muxía | CREUSeCARRASCO

1 Trátase dun albergue situado na localidade de Muxía, un dos puntos emblemáticos e de referencia do Camiño de Santiago, na súa continuidade e relación coa costa de Galicia. 2 A ampliación realízase sobre unha edificación recente situada nun extremo de mazá do núcleo tradicional con fachada a tres rúas e medianeira nun lateral. A gran diferenza de nivel entre […]

Bartlebooth 3 · Os opuestos
03-02-2015 Sen comentarios

Bartlebooth 3 · Os opuestos

“Paul Dirac predijo en 1928 a existencia dunha serie de partículas que non se rexían polas leis da materia, senón que eran contrarias a elas; xurdía pois, de forma teórica, a existencia da antimateria. Tese que sería finalmente confirmada no ano 1965, cando no acelerador de partículas do CERN logrouse crear un antideuterión. A raíz deste evento, da confrontación por […]

VI Premio de Arquitectura Ascensores ENOR 2014. José María Sánchez García e Estudio SOL 89
13-11-2014 Un comentario

VI Premio de Arquitectura Ascensores ENOR 2014. José María Sánchez García e Estudio SOL 89

Os proxectos gañadores fixéronse públicos o mércores, 12 de novembro, a través da páxina web oficial do premio. O xurado, formado por Eduardo Souto de Moura como presidente, Carlos Quintáns Eiras, secretario, Juan Domingo Santos gañador do Gran Premio Enor no ano 2011, Juan Creus Andrade, Luis Martínez Santa-María e Fredy Massad, leu o seu fallo onde anunciaron as dúas […]

Entrevistas os miembros d xurado do VI Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2014
11-11-2014 Un comentario

Entrevistas os miembros d xurado do VI Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2014

Durante os próximos días, e antes do anuncio dos premios, compartiremos as entrevistas completas realizadas aos membros do xurado tras a deliberación. Empezamos co presidente do xurado Eduardo Souto de Moura. Seguimos coas entrevistas os membros do xurado. Juan Domingo Santos cóntanos as súas impresións sobre temas tan variados como que valores identifica nas obras presentadas, a multidisciplinariedad, o patrimonio […]

Acerca da Integración das Artes 2014/15
06-10-2014 Sen comentarios

Acerca da Integración das Artes 2014/15

O curso de arquitectura acerca da integración das artes toma como punto de referencia o célebre ensaio homónimo que Luis Seoane escribiu en Bos Aires en 1962, no que, baseándose nas súas propias experiencias no campo do muralismo, expoñía a estreita relación existente entre as artes plásticas e a arquitectura, poñendo como exemplo a obra de grandes arquitectos como Frank […]

Fundación Luís Seoane | CREUSeCARRASCO
10-09-2014 Sen comentarios

Fundación Luís Seoane | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación dun antigo cuartel militar, situado sobre a muralla histórica, para sede da Fundación Luís Seoane. Aprovéitanse as trazas do edificio existente, co seu patio aberto como referencia central de toda a proposta, creando recintos axeitados de exposición e actividade, establecendo estreitos vínculos entre todos eles, o seu ámbito inmediato e o espazo público da cidade. “O artista é un […]

Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Ponte Olveira | CREUSeCARRASCO
13-08-2014 Sen comentarios

Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Ponte Olveira | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación e ampliación dunha construción que foi bar e pequena casa de comidas, agora como dúas ‘casas’ que dan forma a unha praza. Dúas partes dunha mesma casa que funcionan como un espello: se poñemos unha escaleira na nova, aparece outra na vella e, entre ambas as dúas, un albor que tensiona o tempo que as separa. : entrar dende […]

O público de Callobre | Luis Gil Pita
31-07-2014 Sen comentarios

O público de Callobre | Luis Gil Pita

“Non é a influencia de Giotto en Mondrian, é a influencia de Mondrian en Giottto”. Aldo van Eyck O público de Callobre e as xornadas anuais de Arquitectura e Territorio rural da fundación María Martínez Otero na Estrada. As xornadas de Arquitectura e Territorio rural ue se celebran xa por cuarto ano consecutivo dende o verán de 2011, organizadas pola […]

Rehabilitación de edificio para hotel na Rúa Altamira | CREUSeCARRASCO
23-07-2014 Sen comentarios

Rehabilitación de edificio para hotel na Rúa Altamira | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación dun antigo edificio no casco histórico de Santiago de Compostela con tres fachadas que rematan unha mazá alongada e estreita. A proposta mantén os elementos que definen a súa tipoloxía e centra a súa actuación nunha distribución sen apenas percorridos, que organiza en abano as plantas de cuartos, todas elas diferentes aínda que coas mesmas calidades de galería, balcón […]

Caseta de Quilmas | CREUSeCARRASCO
02-07-2014 Un comentario

Caseta de Quilmas | CREUSeCARRASCO

Antiga caseta para apeiros de pesca, situada sobre unha rocha na batente do mar, cuxa rehabilitación xunta os usos de almacén e refuxio mediante, en ausencia de electricidade, cruzar dúas técnicas que cualifican un único espazo: a luz natural cenital e a disposición dos obxectos colgados e arrimados nel. O edificio foi un almacén de apeiros de pesca, un único […]

Casa Chao | CREUSeCARRASCO
18-06-2014 Un comentario

Casa Chao | CREUSeCARRASCO

Volver construír unha pequena vivenda de pouco máis de 3 metros de ancho e 16 de fondo no extremo dunha mazá. Resolver con claridade a escena urbana, achegando unha visión renovada do modo de construír, sen esquecer a propia identidade, mediante referencias á historia e cultura do lugar. Edificar en madeira, recordando a construción mariñeira, utilizando táboa pintada de branco, […]

Bartlebooth Mag · Os comenzos
23-01-2014 Sen comentarios

Bartlebooth Mag · Os comenzos

Bartlebooth é un obxecto, é un crebacabezas, é unha recompilación de diferentes fragmentos, de visións, de reflexións que xiran en torno a un único tema.Los inicios. Bartlebooth intenta que cada usuario deste obxecto, cada lector saque as súas propias conclusións, xere as súas propias ideas, sen existir unha única solución, existindo infinitas, tantas como lecturas haxa. Bartlebooth non intenta dar […]

VI Premio de Arquitectura Ascensores Enor · Convocatoria
19-12-2013 Sen comentarios

VI Premio de Arquitectura Ascensores Enor · Convocatoria

No mes de novembro de 2011, fai xusto agora dous anos, cando recén concluíra a V edición dos Premios de Arquitectura Ascensores Enor, cremos que era o momento ideal para tomar un tempo, facer balance e valorar criticamente o que supuxera o Premio tanto para a empresa, dende unha lectura interna, como para o sector da arquitectura en xeral e […]

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013 · CREUSeCARRASCO
06-11-2013 2 comentarios

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013 · CREUSeCARRASCO

A sede da Fundación Juana de Vega acolleu o pasado 30 de outubro o acto de lectura do fallo e entrega da décima edición do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013. Nel prémiase a mellor vivenda unifamiliar, tanto rehabilitación como de nova planta, construída en Galicia no ano natural anterior á convocatoria. O xurado concedeu o Premio Juana de […]

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013. Juan Creus y Covadonga Carrasco
31-10-2013 Un comentario

Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013. Juan Creus y Covadonga Carrasco

O xurado do Premio Juana de Vega de Arquitectura, fallou a décima edición do premio. O xurado fixo unha primeira selección entre as 21 obras presentadas. Despois da selección, quedaron 6 traballos que se visitaron o mesmo día no que se fallou o premio. Tras unha ampla deliberación. Conceder o Premio Juana de Vega de Arquitectura, na súa décima edición, […]

Segredos da arquitectura · Curso de interpretación da arquitectura
17-09-2013 Sen comentarios

Segredos da arquitectura · Curso de interpretación da arquitectura

Dende o 10 de Outubro de 2013 ata o 5 de Xuño de 2014, terá lugar na Fundación Luis Seoane o curso Secretos da Arquitectura. Tras a primeira edición, o club de arquitectura da Fundación Luis Seoane propón unha segunda volta. Trátase dunha iniciativa que reunirá ao longo de oito meses a un conxunto excepcional de profesionais que analizarán aspectos […]

Cidade, debuxo e café con xeo · Exposición
06-09-2013 Sen comentarios

Cidade, debuxo e café con xeo · Exposición

Dende o luns 9 de setembro, poderase visitar a exposición Ciudad, debuxo e café con xeo na planta de acceso da Escola de Arquitectura da Coruña. Nela recóllense os traballos realizados no taller de verán Ciudad, debuxo e café con xeo, organizado o pasado mes de xuño por lasonceymedia e veredes en colaboración coa ETSAC, o COAG e a Fundación […]

Cidade, debuxo e café con xeo · Obradoiro de verán 2013
15-05-2013 2 comentarios

Cidade, debuxo e café con xeo · Obradoiro de verán 2013

O obradoiro de verán Cidade, debuxo e café con xeo propón unha reflexión crítica achega das posibilidades do debuxo a man alzada como ferramenta de análise e proxecto a escala urban. Ao longo de tres días (26, 27 e 28 de xuño) os arquitectos Toni Gironés, Juan Creus, Concepción García (Pescadería 20), Carlos Pita e Borja López Cotelo ofrecerán cinco […]

(entre paréntese) (I) | Jorge Rodríguez
01-04-2013 Sen comentarios

(entre paréntese) (I) | Jorge Rodríguez

Pouco logo de visionar por terceira ou cuarta vez “12 Angry Men”, entendín que John Ford tiña razón. Non había máis que ver camiñar a Henry Fonda para entender o que era o cine. Retireime ao meu Innisfree, da cal nin sequera son nativo. Agora, asentado e humilde coñecedor daquilo que me rodea, dispóñome a compartilo. O obxecto de estudo […]