Tag: hermo iglesias veiga arquitectos

Centro ocupacional en Ferrol | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
15-10-2014 Un comentario

Centro ocupacional en Ferrol | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

A intervención neste edificio dos anos 70 destinado a impartir cursos de formación a desempregados que dispón de talleres de soldadura, caldeiraría, electrónica, etc. Pretende: rehabilitar as deficiencias xerais e mellorar o illamento de todas as estanzas adaptándoas ás esixencias da normativa actual ademais da ampliación de aulas na única zona libre do recinto. Esta ampliación, que se enfronta cos […]

Rehabilitación albergue-museo Casa Grande de Lusío | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
24-09-2014 Sen comentarios

Rehabilitación albergue-museo Casa Grande de Lusío | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Albergue e museo estrutúranse nun edificio catalogado Ben de Interese Cultural. Unha rehabilitación reversible e funcional, con enxertos que poñen en valor o edificio orixinal. Rehabilítanse vigas, chans de madeira e carpintarías en bo estado mantendo a súa configuración arquitectónica orixinal. O eixe norte-sur preexistente do edificio distribúe a ambos os dous lados os usos de albergue e museo. Dous […]

12 VPO en Cangas | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
20-08-2014 Sen comentarios

12 VPO en Cangas | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

O edificio fragméntase en tres volumes debido á pendente da parcela creando tres portais de acceso a vivendas con dúas vivendas por planta, isto permite que as vivendas teñan fachada nas dúas caras principais do soar. Así, ábrense as zonas de día (estar-comedor e cociña) á fachada nordés buscando as vistas abertas á ría. As dormitorios zonas de noite (dormitorios) […]

Centro de saúde de Mesoiro | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
19-03-2014 Sen comentarios

Centro de saúde de Mesoiro | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Centro de saúde para un novo barrio. Trátase dun dos primeiros equipamentos dos que consta esta zona de nova construción. Situado sobre un estrato rochoso elevado sobre o nivel da rúa o edificio de formigón e cinc pretende crear unha nova fachada previa aos edificios de vivendas de 9 alturas cos que linda, así a súa topografía permite realizar na […]

CEIP Amadeo Rodríguez Barroso | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
28-01-2014 Sen comentarios

CEIP Amadeo Rodríguez Barroso | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Pártese do condicionante de realizar un novo edificio mentres o centro está en funcionamento, ocúpase a zona perpendicular á zona de acceso, deixando para unha segunda fase a construción do pavillón cuberto que ocupara o espazo do actual centro. Volume compacto de formigón branco perforado por patios que dan luz a aulas e ao corredor central elemento que estrutura o […]

Centro de saúde en Vilalonga | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
15-01-2014 Sen comentarios

Centro de saúde en Vilalonga | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

O edificio preséntase á fachada principal e ao Pazo de Revel fraccionado simulando os patios interiores evitando volumetrías de grandes pantallas á rúa. Estes volumes péchanse con perpiaños de pedra colocados en vertical sen aberturas directas evitando acristalamentos de gran tamaño e coidando as vistas tanto do pazo ao edificio como de viceversa para preservar a intimidade destes. O acceso, […]

Casa do Concello A Fonsagrada | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
04-12-2013 Sen comentarios

Casa do Concello A Fonsagrada | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Entendemos que o edificio destinado a Casa Consistorial da Fonsagrada ha de ser un reflexo do propio municipio, e así ser unha imaxe identificativa e simbólica das súas características singulares. Formúlase un volume pétreo, rochoso que se talla en 2 pezas inclinadas cara a un adro interior. En busca da eficiencia enerxética proponse crear un volume compacto pero dividido en […]

Reforma e ampliación do Centro Saúde de Crecente | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
20-11-2013 Sen comentarios

Reforma e ampliación do Centro Saúde de Crecente | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

Buscar espazos abertos que potencien a súa relación coa natureza é a premisa da que parte a rehabilitación deste Centro de Saúde, xérase unha nova imaxe identificativa e funcional. O proxecto comprende a reforma e ampliación do Centro de Saúde existente e a antiga casa do médico actualmente en desuso. Na zona de esperas proxéctase unha fachada natural resolta en […]

Vertedoiros nos ríos Barbaña e Miño | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos
18-10-2013 Sen comentarios

Vertedoiros nos ríos Barbaña e Miño | Hermo Iglesias Veiga Arquitectos

O prototipo de edificio de acceso a vertedoiros de augas residuais no Barbaña e Miño, sitúase en diferentes localizacións urbanas, periurbanas, rurais… Son edificios nos que se busca unha envolvente antivandálica, antigraffiti, e que ademais dialogue cun ámbito tanto natural coma urbano. Así, disponse de dous tipos de peza de pedra, unha clara e outra escura que colocados desaliñados impiden […]

intemción 2013 · Proxecto e certificación enerxética. Vivenda Vila Ana
13-05-2013 Sen comentarios

intemción 2013 · Proxecto e certificación enerxética. Vivenda Vila Ana

O vindeiro mércores día 15 de maio, terá lugar a derradeira conferencia do Ciclo de Arquitectura Bioclimática -organizado dende o programa cultural intemción 2013-. Nesta ocasión, contarase coa participación do estudio HIVAS Arquitectos, para achegarnos o proxecto da vivenda unifamiliar Vila Ana en Santiago. Sendo ésta unha das primeiras vivendas en todo o mundo que integran no seu proceso de […]

Ciclo de Arquitectura Bioclimática · Programa Cultural intemción 2013
09-04-2013 Un comentario

Ciclo de Arquitectura Bioclimática · Programa Cultural intemción 2013

Vos achegamos o programa do anunciado Ciclo de Arquitectura Bioclimática que comeza o vindeiro mércores 10 de Abril. Este ciclo componse de catro actos coa seguinte estructura: Mércores 10 e 17 de Abril A profesora Mª Dolores García Lasanta introduciranos nos conceptos clave da arquitectura bioclimática, no deseño da paisaxe para o control climático e no control do clima por […]