Tag: Galicia

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Bizkaia. Nivel I
24-11-2015 Sen comentarios

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Bizkaia. Nivel I

ARQUITASA é unha Sociedade de Tasación HOMOLOGADA polo BANCO DE ESPAÑA, con 30 anos de existencia e implantación en todo o territorio español e en varios países latinoamericanos. ARQUITASA está integrada no grupo empresarial AGIFI, (GIA, en Latinoamérica) xunto ás empresas GINPROSA, INZAMAC, FUCTURA e ION, desenvolvendo, ademais dos seus traballos de valoración, tasación e avalúos, un labor de CAPACITACIÓN […]

Chamada a participantes FETSAC'16
17-11-2015 Sen comentarios

Chamada a participantes FETSAC’16

O Festival de Arquitectura ?FETSAC? naceu grazas a unha agrupación de alumnos da Escola de Arquitectura da Coruña que decidiu, por iniciativa propia, crear unhas xornadas culturais que alterasen a percepción habitual que os seus compañeiros tiñan do centro, dando lugar ao ‘Circo’, a primeira edición do festival en 2009. O esforzo inicial levado a cabo por estes alumnos, viuse […]

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Vigo. Nivel I
04-11-2015 Sen comentarios

Programa de formación “ENC_17024” de Arquitasa en Vigo. Nivel I

ARQUITASA deseñou e organizado o PROGRAMA DE FORMACIÓN “ENC_17024” para FORMAR, CAPACITAR e CERTIFICAR profesionais, principalmente arquitectos, segundo as novas esixencias normativas que entrarán en vigor. ARQUITASA seleccionará TRES PROFESIONAIS, por provincia ou por cada millón de habitantes, entre os alumnos que tras cursar os tres niveles do PROGRAMA DE FORMACIÓN, superen a “Proba Evaluadora Final” e obteñan a CERTIFICACIÓN. […]

Reforma do campo de fútbol de Santa Isabel | Patricia Sabín - Enrique M. Blanco
04-11-2015 Sen comentarios

Reforma do campo de fútbol de Santa Isabel | Patricia Sabín – Enrique M. Blanco

Trala inauguración do novo estadio de San Lázaro de Andrés Albalat, o vello campo do ?Compos? reconverteuse a herba sintética para acoller as escolas deportivas municipais de fútbol. Os vellos vestuarios non daban cabida suficiente a un constante ir e vir de nenos e familiares que todas as tardes do ano alí atópanse. Evitando calquera protagonismo, tralo muro pétreo do […]

Casa Raya | vier arquitectos
21-10-2015 Sen comentarios

Casa Raya | vier arquitectos

A vivenda concíbese como un diálogo entre dous volumes e o terreo, no que participan activamente os materiais, os ocos, as transparencias, os espazos interiores, exteriores e os indefinidos ou intermedios. E o xardín, a auga, a luz. Trátase dunha composición sinxela, cun volume (o máis alto) que se esculpe no terreo e, deslizándose por diante deste, unha caixa liviá […]

Arquitecturadegalicia.eu es
20-10-2015 Sen comentarios

Arquitecturadegalicia.eu es

Arquitecturadegalicia.eu é un proxecto que trata de albergar a arquitectura realizada en Galicia nos últimos 60 anos, nun proceso de constante actualización e selección. É un catálogo dinámico, que ficha a ficha aspira a desvelar a arquitectura galega próxima. Mapeamos as aforas das nosas miradas. Notabamos un baleiro na nosa formación académica, un total descoñecemento da arquitectura da nosa contorna. Non […]

Cooperativa de vivendas Galeras-Entrerríos | Carbajo Barrios Arquitectos
14-10-2015 Sen comentarios

Cooperativa de vivendas Galeras-Entrerríos | Carbajo Barrios Arquitectos

O lugar. A futura edificación ocupará unha posición de bordo do antigo recinto amurallado da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, en relación directa con elementos de especial relevancia na cidade: a Alameda, o Monte Pedroso ou a Praza do Obradoiro; fitos edificatorios como o Pazo de Fonseca, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Raxoi, a Facultade de […]

Reforma e ampliación do Campo de Futbol de As Salinas | Luis Gil+Cristina Nieto
07-10-2015 Sen comentarios

Reforma e ampliación do Campo de Futbol de As Salinas | Luis Gil+Cristina Nieto

Dominio, espazo á nosa volta e bordo da acción. O conflito é a marca que sinala onde terminan ou empezan outros espazos colindantes. Da posible armonización dese conflito resultará a natureza do colectivo, un reequilibrio de forzas que organiza a colonización dos espazos e os intersticios que permiten os pasos e movementos. Existe sempre un núcleo fundamental, orixe que fai […]

Centro de Interpretación da Cultura Castrexa | Carlos Martínez -  Ángeles Santos - Carmen Ruíz
30-09-2015 Sen comentarios

Centro de Interpretación da Cultura Castrexa | Carlos Martínez – Ángeles Santos – Carmen Ruíz

O “Centro de Interpretación dá Cultura Castrexa” é un dos catro centros que constituirán a Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico. Nas proximidades do Castro de San Cibrán de Lás o edificio sitúase como un primeiro cinto do castro. Límite físico, “nova entrada” e pantalla visual dende o xacemento que recolle accesos e áreas de aparcadoiro. Os usos defínense en volumes. […]

Rehabilitación de inmoble en R/Galera 43 | CREUSeCARRASCO
23-09-2015 Sen comentarios

Rehabilitación de inmoble en R/Galera 43 | CREUSeCARRASCO

1 Transformar un inmueble entre medianeras, b 3 bc, utilizado como edificio de oficinas, nun edificio de vivendas e oficinas en réxime de aluguer. Optimizar o seu número en relación co investimento, demanda de vivenda pequena e posibilidades da normativa vigente. 2 A estrechez da rúa de acceso e a proximidade das fachadas veciñas inflúe en aspectos formais e de […]

Centro social de Riveira | Carlos Seoane
16-09-2015 2 comentarios

Centro social de Riveira | Carlos Seoane

O lugar O proxecto do Centro Social de Riveira, nace como resposta a unha proposta inicial dun edificio de dúas plantas sobre unha parcela no concello de Riveira formando parte do núcleo rural de Oleiros. Un lugar marcado polo carácter rural das edificaciones que a rodean dentro dunha paisaxe caracterizada pola omnipresencia do granito e construído durante séculos polo saber […]

Vivenda unifamiliar en Perbes | Jorge Salgado Cortizas
09-09-2015 Sen comentarios

Vivenda unifamiliar en Perbes | Jorge Salgado Cortizas

“O home debe identificarse co seu fogar e o seu ámbito. Pertencer é unha necesidade básica emocional.” Team 10 Investígase non só con sistemas construtivos, senón co mesmo concepto de habitar, facendo un uso estratéxico da localización. A casa asume a súa pertenza ao núcleo rural; un volume de pedra incrustado no terreo e un miradoiro que gravita sobre a […]

Rehabilitación e ampliación do Club Náutico de remo e piragüismo de Pontecesures | Luis Gil+Cristina Neto
12-08-2015 Sen comentarios

Rehabilitación e ampliación do Club Náutico de remo e piragüismo de Pontecesures | Luis Gil+Cristina Neto

“Entráñase e estráñase. Aquilo que non cabe” SITUACIÓN e FORMA do SOLAR. A localización do elemento arquitectónico a rehabilitar e ampliar ocupa unha posición de fronteira na trama residencial dunha pequena vila da provincia de Pontevedra xunto ao río Ulla. Sitúase nunha franxa lineal organizada ao bordo do río onde se sitúan tanto equipamentos de uso público coma construcións que […]

Casa Riobó | RVR Arquitectos
05-08-2015 Sen comentarios

Casa Riobó | RVR Arquitectos

A vivenda existente é unha construción rural tradicional dunha antigüidade superior a 60 anos. A súa estrutura é de muros de cachotaría que se recobren de forma parcial cara ao exterior con morteiro de cal, a cuberta é de tella árabe. A casa disponse en dirección case paralela ao lindeiro oeste, dende o que ten o acceso rodado pola parte […]

Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega curso 2015-16
04-08-2015 Sen comentarios

Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega curso 2015-16

No ano 2006 nace o máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega co obxectivo de dar formación especializada no ámbito do paisaxismo, e cubrindo o oco formativo existente no sistema universitario español e galego en relación á […]

Loxe Mareiro. Chiringuito de praia | cenlitrosmetrocadrado
29-07-2015 Sen comentarios

Loxe Mareiro. Chiringuito de praia | cenlitrosmetrocadrado

Despois dun período inicial estreitamente ligado ao mercado de abastos de Compostela, Abastos 2.0 decide traspasar fronteiras e comezar a expansión do seu ideario cun local situado na pequena vila mariñeira de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Unha humilde edificación a carón da praia que conta ao longo da súa historia con usos tan dispares como o de control de […]

Arquitectura e territorio rural 2015
28-07-2015 Sen comentarios

Arquitectura e territorio rural 2015

A percepción do territorio rural de Galicia como un espazo social, construído, faise patente para calquera que o mirou con algo de atención algunha vez. Esa construción do natural, que se fai modélica na materialidad da arquitectura tradicional, na unidade entre a casa e os labores agrícolas ou na concepción dos espazos de comunidade, os campos de festa ou as […]

Meeting point | soma arquitectura
22-07-2015 Sen comentarios

Meeting point | soma arquitectura

Encontrámonos cunha vivenda con catro espazos moi ben ordenados en fachada, separados do resto de estanzas por un gran corredor e que se encontran dun xeito un pouco caótico. Quedamos con estes catro espazos e reordenamos o resto de usos intentando xerar espazos de calidade. A vivenda articúlase en torno a un espazo central, que ordena e distribúe a casa, […]

Nós | Antonio S. Río Vázquez
10-07-2015 Sen comentarios

Nós | Antonio S. Río Vázquez

unha historia do «esforzo grego por construír un espazo humano onde fose posible a xustiza e onde o destino común estivese rexido pola vontade dos homes», revisando os progresivos logros na creación da cidadanía e, con ela, da verdadeira política «O único camiño que nos queda a nós para chegar a ser grandes, mesmo inimitables se iso é posible, é […]

Gran Suite. Aproveitamento dos hórreos en desuso | cenlitrosmetrocadrado
08-07-2015 Sen comentarios

Gran Suite. Aproveitamento dos hórreos en desuso | cenlitrosmetrocadrado

A función para a que foron concibidos os hórreos é a de almacenar e curar o gran dende a época da colleita, que ten lugar nos meses de outono, ata o devalante da lúa de marzo, na que se malla e pasa ás huchas. Este ciclo de uso conleva un período de desocupación destas edificacións comprendido entre os meses de […]

O Refuxo | castroferro arquitectos
10-06-2015 Sen comentarios

O Refuxo | castroferro arquitectos

Trátase dunha parella coa inquietude de poder pasar momentos da súa vida en contacto máis directo coa natureza e rodeados do esencial para habitar. De carácter temporal, a construción de 4 m x 3 m emprázase no terreo elixido pola parella para a construción da súa futura casa e a súa durabilidade proxéctase en función do tempo que necesitarán para […]

Leme
09-06-2015 2 comentarios

Leme

LEME é unha aplicación gratuíta do Consello da Cultura Galega, destinada a facilitar aos cidadáns o acceso e localización de equipamentos e recursos culturais en toda Galicia. Pero o CCG abriu unha API en Leme que permite que persoas ou as entidades tamén poidan dar a coñecer os seus recursos e equipamentos dentro da aplicación e beneficien ás súas propias […]

Un premio de obra | Luis Gil Pita - Cristina Nieto Peñamaría
22-05-2015 Sen comentarios

Un premio de obra | Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaría

Un premio de obra. Apuntes sobre a Praza do Curro en Noia. Salgado e Liñares arquitectos Falar de arquitectura é difícil, moito, facela aínda máis, por iso imos intentar ser breves e non entorpecer con palabras innecesarias o achegamento aos excepcionais e renovadores valores que a obra de Praza do Curro en Noia de Salgado e Liñares, achegan ao entendemento das […]

Reforma de vestiarios e piscina municipal en Maceda | trespes.arquitectos
20-05-2015 Sen comentarios

Reforma de vestiarios e piscina municipal en Maceda | trespes.arquitectos

Dende o ano 1971 as piscinas municipais de Maceda foron un equipamento fundamental no ocio estival local. Tras sucesivas reformas que non satisfacían as demandas actuais, o concello decide acometer unha reforma integral, reforma que ten como condicionante de partida que as piscinas non cesen no seu funcionamento durante o verán no que se desenvolvan as obras. Isto xunto coas […]

Dúas Vivendas en Redes | Díaz+Díaz
06-05-2015 Sen comentarios

Dúas Vivendas en Redes | Díaz+Díaz

Redes é unha pequena Vila Mariñeira de principios do século XX, situada na marxe norte da Ría de Ares encravada nas Rías Altas Galegas. Esta localidade foi premiada polo Colexio de Arquitectos no día internacional da arquitectura 2009 por conservar a súa traza orixinal no urbanismo. Tamén se coñece esta localidade como a “Venecia Galega” pola conexión das súas vivendas […]

9 Vivendas de Protección Pública en Mugardos | Jorge Salgado Cortizas
29-04-2015 Sen comentarios

9 Vivendas de Protección Pública en Mugardos | Jorge Salgado Cortizas

Un barrio de casas humildes cunha arquitectura digna da que o seu ámbito carece, é o lugar. A parcela esta situada no barrio de Sta. Lucia, na intersección das rúas Federico Mallo con Eduardo Pondal onde a mediados do século pasado se construíron unhas magnificas vivendas sociais de planta baixa e unha planta alta, co seu patio na parte posterior. […]

Patrimonio Galego para Google Earth
28-04-2015 Sen comentarios

Patrimonio Galego para Google Earth

Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet. ¡Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar! Cada noite o noso servidor realiza unha operación para convertir a base de datos nun […]

O deseño na oficina no século xx
27-04-2015 Sen comentarios

O deseño na oficina no século xx

O deseño na oficina no século XX. Da máquina de escribir ao ordenador persoal establece un punto de partida dende o que asomarse á sofisticación da escritura e ao desenvolvemento do deseño na oficina ata o seu desprazamento definitivo ao universo dixital. A integración da muller ao mercado laboral como mecanógrafa, o éxodo rural, as innovacións tecnolóxicas, o incremento do […]

Casa en Mondoi | bals arquitectos
22-04-2015 Un comentario

Casa en Mondoi | bals arquitectos

Encontrámonos (unha vez máis) ao comezar a pensar no deseño desta vivenda unifamiliar coa realidade da paisaxe dispersa e difuso froito do crecemento dos núcleos galegos, xa non baseado en aspectos que se caracterizaban aos asentamentos orixinais e a partir dos cales se produce a devandita realidade. O que antes era sensato, ou canto menos xustificado e cuxas relacións tiñan […]

Ourense imaxinado
16-04-2015 Sen comentarios

Ourense imaxinado

OURENSE IMAXINADO é o percorrido por un Ourense que non existiu, pero recoñecible a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos. A exposición articúlase en tres bloques ao redor da foto aérea baixo o lucernario central, nesta instalación lígase o Real [ortofoto] co Imaxinado [planimetría dos proxectos elevados 70 cm.]. EQUIPAMENTOS [1913-1949] Catro propostas de edificios significativos proxectados […]