Tag: Galicia

ARGALLAR. Exposición para xogar coa arquitectura
03-10-2019 Sen comentarios

ARGALLAR. Exposición para xogar coa arquitectura

Un mundo por construír e deconstruír con posibilidades infinitas e ilimitadas, a través do xogo e polo xogo. Isto é o que vos agarda a grandes e pequenas/os en ARGALLAR ! ARGALLAR é grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo. As nenas e os […]

Lembranzas de Alejandro de la Sota
05-09-2019 Sen comentarios

Lembranzas de Alejandro de la Sota

Charla de Manuel Gallego e Carlos Puente “Lembranzas de Alejandro da Sota” celebrado na Sede do COAG en Santiago o 12 de decembro de 2018, moderada por Carlos Quintáns.

Vari Caramés. Lugares
06-08-2019 Sen comentarios

Vari Caramés. Lugares

No ano 2018, a editorial Fabulatorio publica Lugares, un fotolibro que reúne o traballo máis recente do fotógrafo Vari Caramés (Ferrol, 1953), no que o artista fai referencia ao mundo dos seus recordos e á estreita liña que separa realidade e memoria, un deseño editorial asinado polo estudo galego Desescribir que vén de ser galardoado cun LAUS de Oro concedido pola […]

Escola Infantil en A Baiuca | Abalo Alonso Arquitectos
26-06-2019 Sen comentarios

Escola Infantil en A Baiuca | Abalo Alonso Arquitectos

A escola atópase no límite do centro urbano, onde este confúndese xa co rural. E coa memoria colectiva, física mesmo aínda, das antigas instalacións industriais próximas presente. Unha serie de volumes, case infantís, xúntanse cal casiñas dalgún dos “rueiros” que se suceden pouco máis aló. E en terras de carpinteiros, de que, se non madeira, podería ser nosa escola? O […]

Casa Cachóns | ARKB-Arrokabe arquitectos
12-06-2019 Sen comentarios

Casa Cachóns | ARKB-Arrokabe arquitectos

Establécese previamente un programa de necesidades para a vivenda, axustándoo ata atopar unha solución óptima en canto a distribución, orientacións e relación entre a superficie e o volúmen internos e a superficie da envolvente. Á parte acondicionada da casa engádeselle unha edificación auxiliar aberta continuando coa cuberta a dúas augas, a altura de cornixa e o material de fachada. A […]

A casa do taberneiro | ARKB-Arrokabe arquitectos
05-06-2019 Sen comentarios

A casa do taberneiro | ARKB-Arrokabe arquitectos

A edificación é unha construción tradicional cunha tipoloxía de orixe medieval propia dos rueiros de Santiago de Compostela caracterizada pola presenza dos seus dous muros piñóns dispostos como fachadas. Co tempo, esta disposición de casa piñón entre medianeiras foi sendo substituída co remonte de novas plantas e/ou a substitución das cubertas por outras cuxos faldones desaguaban de forma directa cara […]

Formas do deseño. Galicia XXI
23-05-2019 Sen comentarios

Formas do deseño. Galicia XXI

‘Formas do deseño. Galicia XXI’, pretende construír un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño. A idea é proxectar o que se está a facer sen deixar de ter un ollo no retrovisor, para revisar o logrado a partir dun punto de vista simbólico: a publicación do Manifesto do Laboratorio de Formas de Galicia […]

Rehabilitación do antigo hospital Espírito Santo para biblioteca municipal e arquivo histórico de Baiona | Murado & Elvira Architects
16-01-2019 Sen comentarios

Rehabilitación do antigo hospital Espírito Santo para biblioteca municipal e arquivo histórico de Baiona | Murado & Elvira Architects

A Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico de Baiona sitúase no antigo Hospital Sancti Spiritus, construído no século XVI fronte á antiga Colexiata de Santa María. Trátase dun edificio de dúas plantas incrustado na pendente do centro histórico, que conta cun xardín cunha horta e o seu correspondente pozo, e un patio interior. Dentro do patio atópanse dúas escaleiras de acceso […]

Escola infantil Santa Susana | ARKB-Arrokabe arquitectos
09-01-2019 Sen comentarios

Escola infantil Santa Susana | ARKB-Arrokabe arquitectos

Antecedentes. Estado orixinal. A escola infantil ocupa un edificio de Antonio Palacios construído en 1908, o “Pavillón de recreo artístico e industrial”, promovido pola sociedade do mesmo nome e que foi inaugurado coincidindo coa Exposición Rexional Galega de 1909 da que formou parte. O edificio contaba unicamente con dúas plantas: sobre o zócalo, cego unicamente cara á fachada principal, situábase […]

Centro de día de maiores de Leiro | müller.feijoo arquitectos
19-12-2018 Sen comentarios

Centro de día de maiores de Leiro | müller.feijoo arquitectos

A parcela na que se constrúe o centro de día, moi próxima e lixeiramente elevada sobre o curso do río Avia, ten un forte desnivel natural transformado mediante un sistema de terrazas graduadas chamadas socalcos formadas por muretes de mampuestos de granito, un sistema tradicional moi habitual nesta rexión de viñas que permite dispoñer de terreo cultivable en parcelas nas […]

Cadeiras papais | Elías Cueto - Xosé Suárez
16-11-2018 Sen comentarios

Cadeiras papais | Elías Cueto – Xosé Suárez

O aspecto e a historia das cadeiras de “a súa santidade” son ilustrativos da pretendida dignidade á que serven como asento. De entre as utilizadas polos pontífices destaca “a xestatoria”. Abandonada definitivamente por Xoán Paulo II, é o referente obrigado no que a sillería papal refírese. Curiosamente, algunhas voces sinalan o interese de Bieito XVI por recobrar  o uso da xestatoria, […]

A máquina do millón e a alegría da arquitectura | Luis Gil Pita
05-11-2018 Sen comentarios

A máquina do millón e a alegría da arquitectura | Luis Gil Pita

Sobre a adecuación dun espazo público nos Tilos. Teo 2018. Eduardo Cruz Aguiar. “Gustoume sempre falar de Arquitectura como divertimento; se non se fai alegremente non é Arquitectura. Esta alegría é, precisamente, a Arquitectura, a satisfacción que sente. A emoción da Arquitectura fai sorrir, dá risa. A vida non”. Alejandro de la Sota Relendo a Alejandro da Sota uno dáse […]

Salón de Beleza “Rbn Estilista” | Puntocero Arquitectos
26-09-2018 Sen comentarios

Salón de Beleza “Rbn Estilista” | Puntocero Arquitectos

O encargo pon en evidencia a necesidade de resolver un edificio comercial de nova planta nunha contorna periférica cun tecido disperso dominado por vivendas unifamiliares sen unha tipoloxía predominante. Resulta crucial responder as aspiracións de ser un obxecto con identidade pero ao mesmo tempo integrado na contorna. A proposta formalízase como un prisma rochoso que ademais de transmitir unha imaxe […]

Casa C en Costa da Morte | CREUSeCARRASCO
04-07-2018 Sen comentarios

Casa C en Costa da Morte | CREUSeCARRASCO

A vivenda sitúase nun terreo elevado 3,5 metros sobre a estrada. Trátase dunha zona de crecemento do núcleo urbano principal onde, ao longo dos anos, foron aparecendo bloques de vivenda de 4 e 5 plantas. O plan establece unha aliñación que supón a derriba do muro de contención da leira e a construción de todo a fronte da parcela mirando […]

A caixa de resonancias de  Daiamanti | Elisa Díaz Lorenzo
16-05-2018 Sen comentarios

A caixa de resonancias de Daiamanti | Elisa Díaz Lorenzo

“O termo RESONANCIA refírese a un conxunto de fenómenos relacionados cos movementos periódicos en que se produce reforzamento dunha oscilación. Aumento da amplitude de movemento dun sistema”. OS CLIENTES. Amandine e Baldomero son dous opostos compatibles cuxo contorna inmediata é singular e moi esixente: ambos son músicos intérpretes especialistas na música de cámara do período barroco e teñen gustos, necesidades […]

Clínica Dental Ferraces | as-built
09-05-2018 Sen comentarios

Clínica Dental Ferraces | as-built

Materialidad, orde e lixeireza para dar resposta ao diálogo entre o local e a súa contorna máis inmediata. Un local que dá cabida a unha clínica dental e que se abstrae do caos exterior a través da serenidade que imprimen as súas volumetrías e materiais interiores. Materiais empregados: – teito volumétrico en placas de cartón yeso – pavimento continuo de […]

Seixo 3.0 | quepasamodernoArquitectos
25-04-2018 Sen comentarios

Seixo 3.0 | quepasamodernoArquitectos

O monte Angra é o conxunto xeolóxico que crea na súa vertente sur una das caras da fraga de Barrañán. Bañado polos ventos predominantes chegados do Atlántico ten como resultado un conxunto de formacións rochosas ricas en cuarzo que conviven cunha vexetación densa e baixa. Entre a saia do monte Angra e a fraga de Barrañán sitúase a nosa parcela…. […]

Alejandro de la Sota Pontevedra 1913 – Madrid 1996. Construírse / Construír
12-04-2018 Sen comentarios

Alejandro de la Sota Pontevedra 1913 – Madrid 1996. Construírse / Construír

Do 6 de abril ao 27 de maio as salas de exposicións temporais do Sexto acubillan a exposición dedicada á figura do arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota. O Museo súmase con esta gran mostra á celebración do ano 2018 que a Real Academia de Belas Artes de Galicia dedica a figura de Alejandro de la Sota Martínez. Alejandro de […]

Rehabilitación de vivenda unifamiliar no Centro histórico de Pontedeume | Jorge Salgado Cortizas
11-04-2018 Sen comentarios

Rehabilitación de vivenda unifamiliar no Centro histórico de Pontedeume | Jorge Salgado Cortizas

A importancia que o mar pode chegar a ter nunha sociedade, marcando profundamente a mentalidade das súas xentes, as súas formas de vida e as súas arraigadas tradicións, maniféstase nesta pequena casa “ do remo”, situada no Centro histórico de Pontedeume. A precariedade económica que sufriu a maioría da sociedade mariñeira galega tivo a súa lóxica repercusión e manifestación nas […]

Casa en Sanxenxo | Ameneiros Rey · HH arquitectos
04-04-2018 Sen comentarios

Casa en Sanxenxo | Ameneiros Rey · HH arquitectos

Esta vivenda en Sanxenxo, exponse inicialmente como segunda residencia para ser usada como lugar de encontro. Situada nunha parcela en pendente, con orientación norte-sur e vistas ao océano. O proxecto busca facer unha peza doméstica, compacta ao exterior e liberada no interior. Sitúase na parte máis elevada da parcela para incorporar ao máximo as mellores vistas. Distribúese en dúas plantas, […]

Casa Entreliñas | OLA estudio
28-03-2018 Sen comentarios

Casa Entreliñas | OLA estudio

Situada en Santiago de Compostela, Galicia. A casa entreliñas xorde do desexo de sistematizar e axilizar as solucións construtivas. Os nosos clientes contaban cun orzamento axustado polo que, en certo sentido, debiamos escapar da retórica construtiva e todo aquilo que non fose esencial. Esta vivenda é un sistema sinxelo, tanto de implantación como construtivo. Pautas de orde facilmente repetibles e […]

Vivenda unifamiliar en Rúa da Proba | Díaz+Díaz
28-02-2018 Sen comentarios

Vivenda unifamiliar en Rúa da Proba | Díaz+Díaz

Vivenda unifamiliar en planta baixa no municipio de Oleiros, que se implanta no terreo considerando as condicións de partida da parcela, entendendo o lugar e buscando a mellor orientación. A parcela ten unha planta irregular e cunha lixeira pendente cara ao seu interior, cun acceso pola zona este desde o o viario principal. O acceso desde o viario principal realízase […]

Restaurante 1764 | CREUSeCARRASCO
21-02-2018 Sen comentarios

Restaurante 1764 | CREUSeCARRASCO

A partir duns estupendos esbozos e ideogramas en planta feitos polo propietario, a maior dificultade para el é situar a escaleira que, como en moitos casos, é a clave dos proxectos de pequena dimensión. 1764 é a inscrición que hai no dintel da porta, o seu ano de construción. Trátase dunha das casas máis antigas da vila, edificada entre medianeiras, […]

Escola infantil en Oza-Cesuras | bals arquitectos
13-12-2017 Sen comentarios

Escola infantil en Oza-Cesuras | bals arquitectos

Proxectar unha escola infantil nunha parcela complexa, polos seus accesos, a súa topografía e dimensións pero emprazada nunha contorna cun potencial tan elevado, ha de facernos pensar en como debemos situarnos no territorio. Como aprehender o lugar a partir da aproximación á nova arquitectura e de maneira recíproca, como han de impregnarse os espazos do carácter do lugar. Como en […]

Centro cívico Romaño Vista Alegre | Abalo Alonso Arquitectos
22-11-2017 Sen comentarios

Centro cívico Romaño Vista Alegre | Abalo Alonso Arquitectos

Unha peza compacta, sobria, que busca adaptarse á escala do lugar. Un centro cívico que pivota ao redor dun baleiro a dobre altura; o vestíbulo como corazón do edificio, lugar de encontro, de estancia nas bancadas escaleiras, de acceso aos diferentes espazos: sala de usos múltiples, informática, aseos xerais e despachos na planta baixa. Tamén se atopan nesta planta as […]

Arquitectas pioneiras de Galicia. Oito entrevistas
19-10-2017 Sen comentarios

Arquitectas pioneiras de Galicia. Oito entrevistas

Esta obra recolle oito entrevistas ás primeiras mulleres adicadas á arquitectura en Galicia, e apórtanos o relato das arquitectas no seu contexto profesional e social (sen esquecer o persoal), construíndo unha historia que vai dende os anos 40 á actualidade. Acompáñase cada entrevista dunha breve anotación biográfica, unha fotografía e unha obra de arquitectura representativa. Os audios orixinais poden consultarse no […]

Piscinas Monte do Gozo | OLA estudio
04-10-2017 Sen comentarios

Piscinas Monte do Gozo | OLA estudio

Aproveitamento de instalacións. Previa á construción das piscinas, o Monte do Gozo contén o espazo de bancada e escenario para grandes concertos con capacidade para 36.000 persoas. As piscinas aproveitan, cunha pequena reforma, o despacho de billetes, aseos e cafetería ao lado oeste. O proxecto, orixinal de Alfonso Penela, construíu estas pezas combinando muros de formigón, muros de mampostería de […]

Restauración da Fonte da Burga en Caldas de Reis | Luis Gil+Cristina Nieto
20-09-2017 Sen comentarios

Restauración da Fonte da Burga en Caldas de Reis | Luis Gil+Cristina Nieto

Traballar no tempo e nos bens e arquitecturas que outros pensaron e construíron antes que nós, ten un deixe a colaborar con eses outros arquitectos que xa non están. Se Viollec Lle Duc di que restaurar é devolver o sangue orixinal ao edificio, o que el chama o estilo, tamén o é devolver en certa maneira a quen proxectou en […]

Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural | CREUSeCARRASCO
13-09-2017 Sen comentarios

Edificio Vello Cárcere. Rehabilitación do antigo cárcere de Lugo para centro cultural | CREUSeCARRASCO

Aproveitar a idea de apertura ao público dun cárcere, espazo celular e disciplinar, subvertendo os principios de vixilancia e custodia en principios de procura, mostra e aprecio de valores culturais e sociais. Propoñer unha compartimentación aberta, traballando cada un dos espazos dunha maneira flexible con graos de apertura e de intervención relacionados cos usos. Observación, diálogo e interacción como novas […]

Restauración do Panteón dos Glez Barros | Luis Gil+Cristina Nieto
06-09-2017 Sen comentarios

Restauración do Panteón dos Glez Barros | Luis Gil+Cristina Nieto

Devolver vida á arquitectura funeraria. “A cidade dos mortos foi tradicionalmente unha versión concisa da dos vivos, e un laboratorio de arquitectura, xardinería e escultura. Das urnas en forma de cabana aos panteóns palaciegos ou os nichos colmea de sepultura social, a natureza e as fracturas dunha cultura poden discernirse nos seus enterramentos.” Luis Fdez Galiano, Memento Mori. Neste tempo […]